lunes, 16 de marzo de 2015

20 de marzo: ECLIPSE SOLAR
O próximo venres haberá un eclipse parcial de Sol. Desde Redondela o momento de máxima ocultación será sobre as 10:07h.

Aquí tedes uns enlaces con información:
Instituto Geográfico Nacional (que é, información básica, como se verá desde cada provincia, métodos de observación seguros...) 
Organización Salmantina de la Astronáutica y el Espacio

A Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela, en colaboración coa Asociación Astronómica Sirio de Pontevedra e coa Concellería de Cultura de Redondela, organizan unha CHARLA previa á eclipse, programada para o día 18 de marzo, ás 20:30h, na Casa da Cultura (Praza Figueroa).

 
 


sábado, 14 de marzo de 2015

TRABALLOS DO PROXECTO:
POLO MUNDO ADIANTE
Imaxes de traballos relacionados co proxecto deste curso nos diferentes grupos de infantil e primaria.









6º de Primaria

ÁFRICA
 








5º de Primaria

ÁFRICA


1º de Primaria

EUROPA



2º de Primaria

EUROPA

3º de Primaria

AMÉRICA DO NORTE

4º de Primaria

AMÉRICA DO SUR



         Educación Infantil   OCEANÍA



jueves, 12 de febrero de 2015

VISITAS DE ESCRITORES
Este curso visitarannos os escritores:


Santiago Jaureguizar, alumnado do 3º ciclo está lendo libros deste autor no que o protagonista é un mozo chamado Tintimán, que vai sempre na compaña do seu gato Señor Grozni.
 Facendo clic no seu nome poderás ler unha pequeña biografía.






Ramón Caride, terá unha charla c@s nen@s de 1º e 2º ciclo, que lerán libros deste autor ao longo deste trimestre.
 Bertiño Rompetodo
 Catro amigos pillabáns
 Andanzas de Xan Farrapeiro
 O Capitán Aspanitas e o misterio das Burgas
Facendo clic no seu nome poderás coñecer outras obras deste autor.


BOLETÍNS DE ACTIVIDADES DE LECTURA SOBRE LIBROS DE SANTIAGO JAUREGUIZAR PARA 3º CICLO creados polo equipo de biblioteca:

AMOR DE SEREA


 
 

A COROA DE NAPOLEÓN



Ademáis:  Biografía de Napoleón Bonaparte
                 Presentación sobre a vida de Napoleón
                 Vídeo sobre a recreación histórica da Batalla de Elviña,
que cada certos anos faise na Coruña, coa colaboración da asociación " The Royal Green Jackets".



BOLETÍN DE ACTIVIDADES DE LECTURA SOBRE LIBROS DE RAMÓN CARIDE PARA 2º CICLO creados polo equipo de biblioteca:

ANDANZAS DE XAN FARRAPEIRO e O CAPITÁN ASPANITAS E O MISTERIO DAS BURGAS
 
 




BOLETÍN DE ACTIVIDADES DE LECTURA SOBRE LIBROS DE RAMÓN CARIDE PARA 1º CICLO creados polo equipo de biblioteca:

BERTIÑO ROMPETODO e
CATRO AMIGOS PILLABÁNS
 

Ademáis: Breve biografía de Ramón Caride (para 1ºC)

martes, 10 de febrero de 2015

BAÚL DE NOVIDADES
Durante algúns días tod@s @s nen@s do colexio tiveron nas súas aulas o baúl cos libros novos da nosa biblioteca. A idea foi da nosa mascota, Xaquín, que enviou a cada clase unha carta na que nos animaba a seguir medrando como lectores e nos presentaba o baúl. Había contos, algúns cómics, libros de aventuras, libros sobre animais, de cociña... todos moi novos.
Agora todos eses libros están xa na biblioteca para que poidamos levalos emprestados para casa e disfrutemos deles con máis tempo.
Aquí tendes  as fotos da chegada dos libros novos ás aulas.
 



 
 
 
 

 
 
 


lunes, 9 de febrero de 2015

ENTROIDO 2015
A nosa mascota, Xaquín, pide a nosa colaboración para disfrazar ao Meco e cumprir as súas ordes nesta semana de Entroido.

miércoles, 14 de enero de 2015

DÍA DA PAZ 2015
 
No ano 2014 o Premio Nobel da Paz foi outorgado á paquistaní Malala Yousafzai e ao hindú Kailash Satyarthi pola súa loita contra a opresión infantil e en defensa dos dereito dos/as nenos/as á educación.
Aquí tedes uns enlaces para saber máis sobre este tema.
 
      Premio Nobel da Paz  (con enlaces ás súas biografías e posters)
      Discurso de Malala na ONU (vídeo subtitilado en español e transcrición completa)
      Minilibro sobre a paz
      Frases pola paz  (fichas con personaxes da Paz, a súa frase e datos biográficos para completar)
     Mulleres pola paz
     Recursos varios sobre a paz  (manualidades, unidades dudácticas, cancións, poesías, contos, xogos, vídeos)


domingo, 28 de diciembre de 2014