miércoles, 29 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO
Aquí temos os debuxos que fixéstedes logo de ler os contos nas webs que vos recomendamos para o Día do libro. Parabéns aos lectores e lectoras.




lunes, 27 de abril de 2020

LETRAS GALEGAS 2020

Este ano o Día das Letras Galegas está adicado a homenaxear a Ricardo Carvalho Calero. Nos colexios faremos actividades para coñecer a este persoeiro pero os actos conmemorativos foron suspendidos, polas circunstancia actuais, ata o 31 de outubro.

Ricardo Carvalho Calero naceu en Ferrol o 30 de outubro de 1910. Estudou Dereito e tamén Filosofía e Letras en Santiago de Compostela con moi boas notas. Durante a guerra alistouse coa república e estivo dous ano preso en Xaén.
En 1958 ingresou na Real Academia Galega. Ao longo da súa vida publicou libros sobre a lingua galega: Historia da literatura galega contemporánea (1963) e Gramática elemental del gallego común (1966). Tamén é autor de obras de poesía, Vieiros (1931); narrativa, Scorpio (1951); teatro, Catro pezas (recopilatorio); ensaio...
Foi profesor no instituto Rosalía de Castro de Santiago e na Universidade de Santiago de Compostela. Mentre seguiu publicando obras relacionadas coa lingua e literatura galegas e obras de creación. Faleceu o 25 de marzo de 1990.

domingo, 19 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO 2020
Este ano non podemos celebrar o Día do libro saíndo a ler contos no patio, pero non vamos a deixar pasar a oportunidade de disfrutar dun conto (ou de varios).
Aquí tedes algunhas propostas: contos para escoitar, contos para ler e contos sen texto.  

1. Contos contados (Kalandraka). Moitos contos en galego, ás veces contados polos seus propios autores/as. Seguro que recoñecedes a algúns.

2. Cuéntame un cuento. Contos infantís en español para escoitar e ver.

     Contos en galego y cuentos en castellano. 


3. Contos para ler. Contos clásicos, de terror, ciencia ficción, fábulas...

4. Dous Contos sen texto, nin audio. Para que deixes voar a túa imaxinación.


EL PEZ FELIZ