jueves, 27 de febrero de 2020

24 de febreiro. DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Este ano para conmemorar o Día de Rosalía o equipo de dinamización da Lingua galega propúxonos a seguinte actividade: escribir e ilustrar algúns dos seus poemas e colocalos no patio cuberto. Aquí tedes imaxes do resultado.






sábado, 22 de febrero de 2020

UN ENTROIDO DE PELÍCULA
E como non, tamén os disfraces do Entroido están relacionados co cine. Temos "palomitas" e personaxes de películas infantiles. Seguro que os recoñecedes a todos.
 



  

 

lunes, 17 de febrero de 2020

14 de febreiro: VALENTINE`S DAY
DÍA DO AMOR E A AMIZADE

Quixemos para este día por en valor a amizade, sabendo ver cualidades positivas nas persoas que nos rodean, os compañeiros e compañeiras de clase.
Cada neno e nena de primaria escribiu unha postal a cada compañeiro/a de clase sinalando as súas cualidades positivas e preparou un sobre ou unha caixa (moi ben decorado) . Así, o día 14 cada un entregou as postais a todos/as os seus compañeiros/as e recibiu as súas que gardaron na súa caixa.
Aquí tedes unhas fotos do proceso.






viernes, 14 de febrero de 2020

AS ORDES DO MECO PARA O ENTROIDO 2020
O Entroido xa está aqui. O Sr Meco este ano converteuse en director de cine e parecece que anda buscando actores e actrices. Aqui tedes os seus mandatos para toda a semana de Entroido. Estade ben atentos, que non vos pille despistados.

lunes, 10 de febrero de 2020

O DEPORTE NO CINE
O noso proxecto de biblioteca tamén chegou ao ximnasio, onde vemos unha pequena mostra do deporte no cine a través de carteis de películas nas que o deporte é protagonista.


lunes, 3 de febrero de 2020

CINE E MÚSICA CON CASPERVEK TRIO
O 31 de xaneiro disfrutamos no salón de actos do cole dunha actividade que nos demostrou a importancia da música no cine. Caspervek Trío puxo música en vivo a distintos fragmentos de películas. Fixeron actividades nas que participou o alumnado: identificando bandas sonoras de películas, tocando eles mesmos a música para unha película ou mesmo converténdose en actores.