martes, 22 de diciembre de 2020

POSTAIS DO AMIGO INVISIBLE POLO NADAL

Un ano máis no Nadal todos os nenos e nenas e o profesorado recibiu a súa felicitación de Nadal do amigo invisible. Nesta ocasión non recibimos postais en papel, están todas no seguinte video.


martes, 15 de diciembre de 2020

 GUÍA DE LECTURAS DE NADAL

Os libros tamén son uns bos agasallos de Nadal. Aquí tes a nosa guía cunha selección de libros de recente publicación para todas as idades. 

Na guía tamén están os libros das escritoras que leremos xuntos na clase. Busca o do teu curso e pídello a Papá Noel ou aos Reis Magos.



  INVESTIGAMOS NO NADAL

Aqui tedes a presentación cos traballos de investigación que fixemos en todos os cursos sobre personaxes de Nadal e tradicións ou decoracións típicas destas datas. Seguro que lendo aprendedes moitas cousas!



jueves, 10 de diciembre de 2020

  POLO NADAL... CONTOS E CURTAMETRAXES

Aquí tedes algúns contos de Nadal e unha selección de curtametraxes que nos farán reflexionar sobre a verdadeira amizade, a importancia da familia, o valor dos xoguetes. Esperamos que vos gusten.

Contos:

Una cinta de dos palmos y pico. Juan Farias.

Carta del abuelo a los Reyes Magos. Juan Farias.

La rebelión de los juguetes. Carles Cano.

El árbol de Navidad. Carles Cano.

La araña de Navidad (leyenda alemana)

Curtametraxes:

La noche mágica de Gaspar (homenaxe as persoas que traballan polo Nadal)


Una carta más corta (neno que recibe unha carta de Papá Noel)

What would Christmas be without love? ou Que sería do Nadal sen amor? (unha historia moi tenra)


Historias que nos unen. Temática: a familia


viernes, 4 de diciembre de 2020

 MOCHILAS VIAXEIRAS

Xa están circulando as mochilas viaxeiras de todos os grupos. Foron saído en distintas datas. Este curso, debido as medidas de prevención postas en marcha por mor da pandemia, terédela na vosa casa durante unha semana e na seguinte estará en corentena no colexio. Disfrutádeas! Esperamos que vos gusten.