jueves, 27 de abril de 2023

ACTIVIDADE  " LER NA RÚA"





domingo, 23 de abril de 2023

 RETO  SEMANAL DO 24 ó 28 de abril

Sonche pequeniños

e moi encarnados,

hainos polo monte

e tamén nos prados.

Deixan no padal

un gusto moi fino,

o seu arrecendo 

dá gloria ulilo.

De que froita se trata?


Resposta da semana pasada: A mazá

Premiados:

3anos: Adrián e Nerea

4 anos: Pablo

5 anos: Érika, Thais, Nacho, Xián

2ºP: Lola, Vera

3ºP: Isaac

6ºP: Iria e Ana

SEMANA DO LIBRO 2023

Esta semana  organizouse unha exposición cos  traballos escritos do noso alumnado. O longo dos días, alumn@s e mestr@s puideron visitala e deixar as súas opinións no  libro de visitas.

O venres, realizáronse os apadriñamentos lectores onde os cursos superiores, leron un conto os seus afillad@s ( nen@s de infantil, 1º e 2º de primaria)












miércoles, 19 de abril de 2023

MOCHILA PARA EXPLORADOR@S

Esta mochila seranos moi útil nas nosas andainas durante a hora de ler, xa que, o noso alumnado, fai unha destas sesións  no monte, observando e exporando a nosa contorna natural máis próxima.

Imos aprender disfrutando do noso  MUNDO NATURAL!!


lunes, 17 de abril de 2023

 RETO  SEMANAL DO 17 ó 21 de abril

Neste último trimestre do curso, os protagonistas dos nosos  retos  serán os  alimentos  que nos dan as árbores e plantas.

Aí vai o primeiro en forma de adiviña

Redonda e amarela,

verde ou encarnada

fai boa compota

 e rica empanada