lunes, 20 de diciembre de 2021

      



 PARABÉNS OS ÚLTIMOS PREMIADOS DO TRIMESTRE!!

En xaneiro voltaremos con novos retos.

Moitas grazas a todas as familias por enviar as fotos

  


Tamén acertaron o reto: 

Da aula de 4 anos: Xián, Nacho e Sofía Alfonso

De 4º de primaria: Nerea

De 6º de primaria: Jorge

A resposta era: Peregrín situado no albergue de peregrinos Casa da Torre( Redondela)

lunes, 13 de diciembre de 2021

 GAÑADORES/AS DO RETO SEMANAL.

A resposta era: Soutoxuste 

Noraboa e a seguir participando





domingo, 12 de diciembre de 2021

 Última foto de trimestre.

 Moita sorte!!



miércoles, 8 de diciembre de 2021

 GAÑADORE/AS DO RETO 

Parabéns e grazas por participar!!

Camiño ao bo trato

😊 Despois dun tempo traballando na formación na igualdade de xénero neste derradeiro mes, Xaquín deunos unha idea CO TEMA DO PROXECTO:

O Camiño de Santiago, tamén pode ser o camiño polo que vaiamos todos XUNTOS , sen discriminacións: nenos e nenas, grandes e pequenos, ..

Esta é a visión plástica do alumnado de 2º. 

ENTRE TODOS E TODAS ELEXIMOS ESTE LEMA: DIFERENTES, PERO IGUAIS.



lunes, 6 de diciembre de 2021

  

RETO XAQUÍN

Unha semana máis aquí tedes a foto retadora.

A resposta correcta da semana pasada era : Fonte situada no barrio de Padrón.

MOITA SORTE!!



lunes, 29 de noviembre de 2021

 GAÑADORES/AS   DO RETO

 A resposta correcta era:  Miliario romano situado no límite das parroquias de Vilar, Louredo e Guizán.

Xa estades enviando as respostas do seguinte reto, non esquezades indicar o nome e curso do voso fillo/a. Moitas grazas.

PARABÉNS RAPAZADA!!




domingo, 28 de noviembre de 2021

RETO SEMANAL!! 

Tendes ata o venres 3 de decembro para contestar no blog.

SORTE!!






jueves, 25 de noviembre de 2021

NOVIDADES DA BIBLIOTECA SOBRE A TEMÁTICA DO NOSO  PROXECTO ANUAL 






 


lunes, 22 de noviembre de 2021

GAÑADORES/AS  DO 1º RETO 

Lembrade que só entran na posibilidade de gañar premio as persoas que non teñan enviado a foto do reto semanal.


 

domingo, 21 de noviembre de 2021

 Xa están publicadas as respostas do primeiro  reto de Xaquín. Podedes consultalas nos comentarios da entrada  do 14 de novembro. O luns, os gañadores/as recibirán o seu agasallo. 

AÍ  VAI A SEGUINTE FOTO. Tendes ata o venres 26 de novembro para responder. 

 MOITA SORTE E  GRAZAS POR PARTICIPAR!!!



                                                      


                                                 


jueves, 18 de noviembre de 2021

  
Dende o equipo da biblio decidimos que algúns libros percorran outros camiños cara os vosos fogares.  Desexamos que os disfrutedes.



domingo, 14 de noviembre de 2021

 Bo día familias!!

Antes de nada, agradecervos  as fotos que  mandástedes ó meu correo.

Agora toca participar para adiviñar onde foi sacada esa foto.

Contestade directamente no blog e non esquezades indicar o nome e curso do voso fillo/a para que poida, no caso de que acerte, recibir un pequeno agasallo.

Ahí vai a primeira foto. Tendes esta semana( do 15 ó 19 de novembro) para enviar as vosas respostas. 

Sorte!!





 

lunes, 1 de noviembre de 2021

 FAMILIAS, XAQUÍN  RÉTAVOS!!!














Xaquín proponnos un reto, para iso temos que comezar enviándolle ao seu correo unha foto onde apareza un elemento do concello de Redondela  relacionado co camiño de Santiago (cruceiro, ponte, edificio, sinal...). Lembrade que non debe de saír ningunha persoa; só o que queiramos mostrar.

Mensualmente, Xaquín publicará no blog as fotos. O reto consistirá  en adiviñar o   lugar de Redondela onde se atopa o elemento  que aparece na foto.

CORREO ELECTRÓNICO: biblioxaquin@gmail.com

Lembrade ao enviar a foto, indicar tamén  o lugar exacto onde foi sacada. 

Exemplo: Cruceiro situado na parroquia de Cedeira.

Graciñas!!!

domingo, 24 de octubre de 2021

martes, 22 de junio de 2021

 XXXI REVISTA QUINSA

Xa está na web do colexio o exemplar deste ano da nosa revista escolar con noticias, reportaxes, traballos de investigación, pasatempos...

Na imaxe tedes o enlace para ver a revista.

viernes, 18 de junio de 2021

 GUÍA DE LECTURAS DO VERÁN 2021

E para seguir lendo no verán... selección de novidades de literatura infantil para todas as idades. Clic na imaxe para acceder á guía completa.



 BOLETÍN DE ACTIVIDADES 2020-21

Fai clic na imaxe para ver as actividades dos tres trimestres.



jueves, 17 de junio de 2021

 CINE E VALORES: traballos sobre as películas

Aquí temos unhas imaxes dos traballos feitos nas aulas en relación coas películas da nosa xornada de Cine e Valores.

Los superhéroes, un héroe caso perfecto (1º, 2º)


Wonder (4º)




viernes, 28 de mayo de 2021

 CINE E VALORES

Aquí temos uns recursos para traballar nas aulas sobre as películas  da nosa próxima xornada de Cine e Valores.

Wonder (para 3º, 4º, 5º, 6º):











Buscando a Nemo (para Infantil): 










Do revés (para Infantil):


Aprendendo con... Do revés. CEIP Victoria Díez (Hornachuelos)



Los superhéros, un héroe casi perfecto (para 1º e 2º):









- Chuvia de ideas sobre os superheroes coa seguinte imaxe:

- Como ser auténtic@s super heroes proposta de actividades de Manos Unidas que nos ensina que todos podemos ser superheroes se actuamos tendo en conta certos valores.

jueves, 27 de mayo de 2021

 VIDEOCONFERENCIAS DO ALUMNADO DE PRIMARIA CON LEDICIA COSTAS

O mércores 26 todo o alumnado de primaria puido charlar con Ledicia Costas a través de videoconferencia. Houbo preguntas sobre os libros desta recoñecida escritora que leran nas aulas e tamén sobre o oficio de escribir. Ledicia contou cousas da súa vida e anécdotas relacionadas cos libros. Foi moi ameno, pero esperamos que a próxima vez poidamos coñecela en persoa.


   Alumnado de 1º e 2º durante a videoconferencia con Ledicia Costas.

martes, 18 de mayo de 2021

 MARATÓN DAS LETRAS GALEGAS 2021

O pasado venres día 14 celebramos no colexio o Día das Letras Galegas cunha nova edición do Maratón Literario.

Este ano, por iso de manter as distancias, houbo un para infantil e outro para primaria, e fíxéronse case todas as probas no exterior.

Educación Infantil, realizaron catro probas polas que foron rotando todos os grupos.

- Trala pista de Xela Arias

- Movemento e equilibrio

- Xogamos co nome de Xela Arias

- Pesca literaria





Educación Primaria, realizaron seis probas co mesmos sistema de rotación de grupos.

- Puntería con preguntas de verdadeiro/falso

- Aforcado cos títulos dos libros de Xela Arias

- Ilustración de poemas

- Rosco de pasapalabra

- Xogos de equilibrio

- Bailamos unha coreografía sobre un poema de Xela Arias (do libro Darío a diario, creado por unha alumna do CEIP Carballal de Marín).





jueves, 13 de mayo de 2021

 LETRAS GALEGAS: VÍDEOS PARA COÑECER A XELA ARIAS.

BUSCANDOA XELA ARIAS, VIDEOVISITA Á BIBLIOTECA XELA ARIAS EN CHAPELA.

"Buscando a Xela: visita virtual á Biblioteca Xela Arias de Chapela" é un vídeo que nos fan chegar desde as Bibliotecas Municipais de Redondela.

O vídeo  é unha visita virtual á Biblioteca Xela Arias de Chapelaque leva o nome de Xela Arias, e que festexa así este ano especial dedicado á escritora. Nel coñeceremos esta biblioteca e moitos datos sobre a vida e obra da escritora. 

Conta coa dirección, guión e interpretación de Raquel Queizás, e a gravación de Fernando Carreira.


UNHA HISTORIA DE XELA ARIAS. 

E para os máis pequenos unha biografía adaptada de Xela Arias con pictogramas.

 ENCONTRO DE EVA MEJUTO CO ALUMNADO DE INFANTIL

Este mércores, día 12, a escritora Eva Mejunto tivo un encontro no colexio co alumnado de Infantil. Os nenos e nenas fixeran previamente coas súas mestras distintas actividades sobre o seu libro Dez gatiñas viaxeiras.

As súas profesoras contaron o conto e xuntos buscaron en internet fotos e algúns datos sobre Eva Mejuto.

Fixeron unha búsqueda do tesouro polo colexio coas personaxes  do libro.

Cunha recta numérica neos e nenas practicaron os números contron o conto.


Xogaron e aprenderon máis cousas sobre este conto cun percorrido co beebot.




lunes, 3 de mayo de 2021

 FESTA DOS MAIOS. AS NOSAS COPLAS

O venres 30 celebramos no colexio a Festa dos Maios. Colaboraron na elaboración do maio todo o alumnado e profesorado do centro. Feito o maio todos os grupo cantaron as súas coplas. A continuación temos a recompilación das coplas feitas polo equipo de biblioteca.



miércoles, 28 de abril de 2021

 LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS

Este ano o Día das Letras Galegas está adicado á figura de Xela Arias. A contunuación temos algúns recursos para que o alumando coñeza a esta poeta e tradutora galega.


- Recursos do Seminario Galán: biografía, actividades en liña, actividades en papel, álbum fortográfico, obras, cronoloxía da súa vida.


- O Portal da Lingua Galega: biografía, programación institucional, actividades dinamizadoras elaboradas por centros de ensino, relación de autores homenaxeados polas Letras Galegas...

- Vídeo sobre a historia do Día das Letras Galegas elaborado por alumnado de 5º de primaria de CEIP Milladoiro (Malpica) no ano 2019.


Vídeo sobre a creación da Real Academia Galega e o Día das Letras Galegas elaborado no CEP Pilar Maestú Sierra (A Pobra do Caramiñal)