martes, 30 de mayo de 2023




 

viernes, 26 de mayo de 2023

 ÚLTIMOS GAÑADOR@S  DESTE CURSO.  PARABÉNS!!



Tamén gañaron: Vera,Sabela e Abel de 4º e Martín Ferradanes de 1º.


 Neste libro, que temos na nosa biblioteca, podedes atopar  as adiviñas destes retos.



lunes, 22 de mayo de 2023

 RETO  SEMANAL  22 ó 26 de maio

Marelos por fóra

e brancos por dentro,

longos coma palmos...

que gran alimento!

Hainos en Canarias,

aquí non se dan,

gústanme a soas

e tamén con pan.

viernes, 19 de mayo de 2023

GAÑADOR@S DO RETO SEMANAL. PARABÉNS!!

 Resposta:  A laranxa

lunes, 15 de mayo de 2023

  RETO  SEMANAL  15 ó 19 de maio

Froita deliciosa,

redondiña e chea,

de carne zumenta...

Como me refresca!

Que ben che me senta

despois do xantar,

pola media tarde

ou para almorzar.


viernes, 12 de mayo de 2023


GAÑADOR@S DO RETO SEMANAL. PARABÉNS!!

Tamén gañou: Adrián, de 3 anos

domingo, 7 de mayo de 2023

 RETO  SEMANAL  8 ó 12 de maio

De pel mareliña,

tirando a laranxa,

con pintas vermella 

e carabuña estriada.

Se son do país

e están no seu punto,

nada os iguala

acó neste mundo

Unha pista....esta froita ten o M no seu nome

viernes, 5 de mayo de 2023

 GAÑADOR@S DO RETO SEMANAL. PARABÉNS!!



Tamén gañou Pablo de 4 anos 

martes, 2 de mayo de 2023

  RETO  SEMANAL  2 ó 5 de maio

Gústanme as de maio,

tamén as de xuño

se houbese en marzo...

Sería un luxo!


Así redondiñas,

encher ben a boca

comelas fresquiñas...

Non hai mellor cousa!

Que froita é?


lunes, 1 de mayo de 2023