miércoles, 25 de noviembre de 2020

 AS NOSAS BOLBORETAS PARA O DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA  A MULLER

miércoles, 18 de noviembre de 2020

 INVESTIGAMOS NO NADAL

Neste Nadal cada clase vai investigar sobre un personaxe navideño. En primaria tamén investigaredes sobre un adorno ou decoración típica destas datas.

A continuación tedes os artigos dalgunhas webs que vos poden axudar a facer os vosos traballos.

- Personaxes europeos do Nadal

- Quen é o Apalpador?

- Outros personaxes de Nadal

- As principais personaxes do Nadal no estado español

- Os personaxes tradicionais do Nadal

- Los 16 personajes navideños más célebres del mundo

E para buscar información sobre tradicións decorativas do Nadal recomendamos...

- Galipedia

Seguro que vós atopades outras fontes de información con lendas ou historias relacionadas con esas tradicións decortivas típicas do Nadal.


jueves, 12 de noviembre de 2020

 DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

O próximo 25 de novembro celébrase esta data para denunciar a violencia contra as mulleres en todo o mundo e reclamar que se tomen medidas para a súa eliminación.

No colexio fixemos unha selección de lecturas para todas as aulas que tratan de educar na igualdade de oportunidades e dereitos, na liberdade individual, na eliminación de estereotipos e no respecto polos demais independentemente do seu xénero.



Ademais sumámonos á iniciativa do Concello de Redondela para decorar o colexio con bolboretas.

Pincha na imaxe para informarte sobre porque se celebra o 25 de novembro e porque se elexiron as bolboretas como símbolo desta revindicación.




domingo, 1 de noviembre de 2020

 SAMAÍN: PELÍCULAS DE MEDO

Polo Samaín vimos unha "película de medo" en cada clase. Logo fixemos un resumo da película e debuxamos e analizamos os personaxes principais. Para rematar valoramos as pelis con estrelas. Aqui tedes os coloridos carteis que fixemos cos nosos traballos. 

1º e 2º de primaria
Infantil 3 anos
3º de primaria
Infantil 5 anos
5º de primaria
6º de primaria
Infantil 4 anos
4º de primaria