DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER
O próximo 25 de novembro celébrase esta data para denunciar a violencia contra as mulleres en todo o mundo e reclamar que se tomen medidas para a súa eliminación.
No colexio fixemos unha selección de lecturas para todas as aulas que tratan de educar na igualdade de oportunidades e dereitos, na liberdade individual, na eliminación de estereotipos e no respecto polos demais independentemente do seu xénero.
Ademais sumámonos á iniciativa do Concello de Redondela para decorar o colexio con bolboretas.
Pincha na imaxe para informarte sobre porque se celebra o 25 de novembro e porque se elexiron as bolboretas como símbolo desta revindicación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario