jueves, 31 de octubre de 2019

AS NOSAS PELÍCULAS PREFERIDAS
Todo o alumnado achegou os títulos das súas películas preferidas e buscaron en internet os carteis. Aqui tedes o mural coas películas que máis gustaron aos nenos e nenas do colexio.


martes, 29 de octubre de 2019

24 OUTUBRO: DÍA DA BIBLIOTECA

Este ano para celebrar o Día da Biblioteca visitamos a biblioteca do noso cole porque hai algunhas novidades: cambiuse a distribución dos espazos e mercáronse materiais para unha biblioteca creativa. Todo isto aparece explicado no folleto adxunto:



Ademáis vimos unha presentación de introducción ao noso proxecto deste ano, Un curso de cine. Coñecemos e vimos en funcionamento algúns xoguetes ópticos anteriores ao cine: un fenaquistiscopio, un zootropo, un folioscopio. Coñecemos o kinetoscopio patentado por Edison e o cinematógrafo dos irmáns Lumiere. Incluso vimos algunhas das películas que eles filmaron co seu extraordinario invento. Aqui vos deixamos a presentación:





domingo, 27 de octubre de 2019

AXUDANTES DE BIBLIOTECA
Xa temos os equipos de axudantes de biblioteca para este curso escolar. O alumnado de 6º xa empezou a colaborar nos recreos realizando os empréstitos, ordenando os libros, asesorando aos máis pequenos... Moitas gracias a todos eles pola súa axuda!
 

domingo, 20 de octubre de 2019

MOCHLAS VIAXEIRAS
Nestes días saíron as primeiras mochilas viaxeiras e próximamente as mochilas viaxeiras de todos os cursos estarán viaxando ás casas de todos os nenos e nenas do colexio. Esperamos que vos gusten!