Este ano para celebrar o Día da Biblioteca visitamos a biblioteca do noso cole porque hai algunhas novidades: cambiuse a distribución dos espazos e mercáronse materiais para unha biblioteca creativa. Todo isto aparece explicado no folleto adxunto:
Ademáis vimos unha presentación de introducción ao noso proxecto deste ano, Un curso de cine. Coñecemos e vimos en funcionamento algúns xoguetes ópticos anteriores ao cine: un fenaquistiscopio, un zootropo, un folioscopio. Coñecemos o kinetoscopio patentado por Edison e o cinematógrafo dos irmáns Lumiere. Incluso vimos algunhas das películas que eles filmaron co seu extraordinario invento. Aqui vos deixamos a presentación:
No hay comentarios:
Publicar un comentario