jueves, 21 de diciembre de 2023

UN BO AGASALLO...UN LIBRO
             






                  

miércoles, 20 de diciembre de 2023

APADRIÑAMENTOS LECTORES POLO NADAL






 

Recomendacións lectoras 

Alumnado de 4⁰ primaria 





martes, 19 de diciembre de 2023

O ALUMNADO DE QUINTELA RECOMENDA...







domingo, 17 de diciembre de 2023

 Entrega de premios ós cursos gañadores na xaquinliga

Bo nadal e vémonos a volta!

lunes, 11 de diciembre de 2023

TÁBOA DE CLASIFICACIÓN DA XAQUÍNLIGA

PARABÉNS OS CURSOS GAÑADORES,5º e 2º DE PRIMARIA,  E MOITAS GRAZAS A TODOS POR PARTICIPAR

PRÓXIMAMENTE ,  AS AULAS GAÑADORAS,BAIXARÁN Á  BIBLIOTECA  PARA RECOLLER OS SEUS PREMIOS.

ESPERÁMOSVOS CON MAIS RETOS Á VOLTA DO NADAL

domingo, 10 de diciembre de 2023

 Resposta do reto semanal: Pólvora

Remataron os retos por este trimestre.

Estade atentos ó blog para saber cal é  o voso posto na Xanquinliga. 

RESULTADOS   DO RETO


 



viernes, 1 de diciembre de 2023


Resposta do reto semanal: Romanos

A resposta podedes consultala  en  libros da  biblioteca como este




Reto semana do 1 ó 7 de decembro

Neste último reto do trimestre , chegamos a idade media, atentos as pistas para saber que invento pertence a esta época.

Inventouse en china

Chamouse " poción de lume"

Botade un ollo a sección de  enciclopedias e ciencias sociais   da nosa biblio, nalgún deses libros atoparedes a resposta.

RESULTADOS  DO RETO DA SEMANA PASADA






viernes, 24 de noviembre de 2023

 Resposta do reto semanal: Arquímedes

Reto semana do 24 ó 30 de novembro

Cal foi o primeiro  pobo en aproveitar a auga quente da terra e crear  as termas?


RESULTADOS  NO RETO DA SEMANA PASADA






jueves, 16 de noviembre de 2023

XAQUINLIGA!
TABLA DE CLASIFICIACIÓN















LEMBRADE QUE ESTE CURSO O PREMIO SERÁ PARA TODA A CLASE E REPARTIRANSE OS AGASALLOS MENSUALMENTE.

RETO SEMANAL DO 17 Ó 23 DE NOVEMBRO

CAL É O NOME DO INVENTOR GREGO QUE FIXO FAMOSA  A PALABRA EUREKA?

miércoles, 8 de noviembre de 2023

 A  XAQUINLIGA!

Este curso 23/24, na nosa biblioteca  dará comezo  a liga por cursos.

Como ata agora, os retos  aparecerán semanalmente no blog . Non esquezades indicar o voso nome e curso.

A novidade deste curso é que , unha vez o mes farase o computo de participantes   por curso e o curso gañador poderá disfrutar do seu premio na nosa biblioteca.

Como sempre, so contarán como válidos os participantes que respondan correctamente os retos.

Moita sorte e ánimo rapazada!!


RETO SEMANA 13 ó 17 de novembro

Cal foi o invento que marcou o final da prehistoria? 


domingo, 29 de octubre de 2023

SEMANA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 

EUREKA!

Este é o titulo do noso proxeto para este curso 23/24 no que traballaremos  os   INVENTOS

Esta semana , o noso alumnado, fixo unha xincana con diferentes probas por ciclo  relacionadas  co invento da escritura.

 As pistas acabaron conduncíndonos a  nosa biblioteca escolar onde nos esperaban as novidades deste curso:

  • Unha alfombra nova
  • Un espazo de escritura creativa, con moita variedade de  materiais para facer as nosas producións.
  • E as mochilas viaxeiras, cargadas de libros e xogos  para difrutar en familia.

BENVIDO/AS  A  BIBLIOXAQUÍN!!

Entra e atopa   tesouros aínda por descubrir...


jueves, 8 de junio de 2023


SOMOS ESCRITORES

 Este curso, como resultado da formación do profesorado en lectura e escritura , inventamos un conto entre todos os cursos participantes.

Nas fotos podedes ver ó alumnado de 6º de primaria dictando o texto que inventou o alumndo de infantil.

Seguiremos informando   deste traballo que resultou ser tan motivador para os nen@s.


martes, 30 de mayo de 2023




 

viernes, 26 de mayo de 2023

 ÚLTIMOS GAÑADOR@S  DESTE CURSO.  PARABÉNS!!



Tamén gañaron: Vera,Sabela e Abel de 4º e Martín Ferradanes de 1º.


 Neste libro, que temos na nosa biblioteca, podedes atopar  as adiviñas destes retos.



lunes, 22 de mayo de 2023

 RETO  SEMANAL  22 ó 26 de maio

Marelos por fóra

e brancos por dentro,

longos coma palmos...

que gran alimento!

Hainos en Canarias,

aquí non se dan,

gústanme a soas

e tamén con pan.

viernes, 19 de mayo de 2023

GAÑADOR@S DO RETO SEMANAL. PARABÉNS!!

 Resposta:  A laranxa

lunes, 15 de mayo de 2023

  RETO  SEMANAL  15 ó 19 de maio

Froita deliciosa,

redondiña e chea,

de carne zumenta...

Como me refresca!

Que ben che me senta

despois do xantar,

pola media tarde

ou para almorzar.


viernes, 12 de mayo de 2023


GAÑADOR@S DO RETO SEMANAL. PARABÉNS!!

Tamén gañou: Adrián, de 3 anos

domingo, 7 de mayo de 2023

 RETO  SEMANAL  8 ó 12 de maio

De pel mareliña,

tirando a laranxa,

con pintas vermella 

e carabuña estriada.

Se son do país

e están no seu punto,

nada os iguala

acó neste mundo

Unha pista....esta froita ten o M no seu nome

viernes, 5 de mayo de 2023

 GAÑADOR@S DO RETO SEMANAL. PARABÉNS!!



Tamén gañou Pablo de 4 anos 

martes, 2 de mayo de 2023

  RETO  SEMANAL  2 ó 5 de maio

Gústanme as de maio,

tamén as de xuño

se houbese en marzo...

Sería un luxo!


Así redondiñas,

encher ben a boca

comelas fresquiñas...

Non hai mellor cousa!

Que froita é?


lunes, 1 de mayo de 2023



























 









































jueves, 27 de abril de 2023

ACTIVIDADE  " LER NA RÚA"





domingo, 23 de abril de 2023

 RETO  SEMANAL DO 24 ó 28 de abril

Sonche pequeniños

e moi encarnados,

hainos polo monte

e tamén nos prados.

Deixan no padal

un gusto moi fino,

o seu arrecendo 

dá gloria ulilo.

De que froita se trata?


Resposta da semana pasada: A mazá

Premiados:

3anos: Adrián e Nerea

4 anos: Pablo

5 anos: Érika, Thais, Nacho, Xián

2ºP: Lola, Vera

3ºP: Isaac

6ºP: Iria e Ana

SEMANA DO LIBRO 2023

Esta semana  organizouse unha exposición cos  traballos escritos do noso alumnado. O longo dos días, alumn@s e mestr@s puideron visitala e deixar as súas opinións no  libro de visitas.

O venres, realizáronse os apadriñamentos lectores onde os cursos superiores, leron un conto os seus afillad@s ( nen@s de infantil, 1º e 2º de primaria)












miércoles, 19 de abril de 2023

MOCHILA PARA EXPLORADOR@S

Esta mochila seranos moi útil nas nosas andainas durante a hora de ler, xa que, o noso alumnado, fai unha destas sesións  no monte, observando e exporando a nosa contorna natural máis próxima.

Imos aprender disfrutando do noso  MUNDO NATURAL!!


lunes, 17 de abril de 2023

 RETO  SEMANAL DO 17 ó 21 de abril

Neste último trimestre do curso, os protagonistas dos nosos  retos  serán os  alimentos  que nos dan as árbores e plantas.

Aí vai o primeiro en forma de adiviña

Redonda e amarela,

verde ou encarnada

fai boa compota

 e rica empanada

viernes, 31 de marzo de 2023

 GAÑADOR@S DO RETO SEMANAL. PARABÉNS!!







martes, 28 de marzo de 2023

 



lunes, 27 de marzo de 2023

 ESPALLANDO TINTA

Este mércores, 29 de marzo, o alumnado do noso centro baixará a Redondela, con motivo dunha feira literaria na que  participaremos todos os coles do concello.

Nesta actividade, o alumnado de cada centro,  dará a coñecer ó resto de centros unha mostra dos traballos escritos feitos durante este trimestre.

Do noso centro expoñerán os seus traballos as aulas de 4 e 5 anos e os cursos de 1⁰,2⁰,3⁰,4⁰ e 6⁰ de primaria.

Este é o horario da actividade.