viernes, 28 de mayo de 2021

 CINE E VALORES

Aquí temos uns recursos para traballar nas aulas sobre as películas  da nosa próxima xornada de Cine e Valores.

Wonder (para 3º, 4º, 5º, 6º):











Buscando a Nemo (para Infantil): 










Do revés (para Infantil):


Aprendendo con... Do revés. CEIP Victoria Díez (Hornachuelos)



Los superhéros, un héroe casi perfecto (para 1º e 2º):









- Chuvia de ideas sobre os superheroes coa seguinte imaxe:

- Como ser auténtic@s super heroes proposta de actividades de Manos Unidas que nos ensina que todos podemos ser superheroes se actuamos tendo en conta certos valores.

jueves, 27 de mayo de 2021

 VIDEOCONFERENCIAS DO ALUMNADO DE PRIMARIA CON LEDICIA COSTAS

O mércores 26 todo o alumnado de primaria puido charlar con Ledicia Costas a través de videoconferencia. Houbo preguntas sobre os libros desta recoñecida escritora que leran nas aulas e tamén sobre o oficio de escribir. Ledicia contou cousas da súa vida e anécdotas relacionadas cos libros. Foi moi ameno, pero esperamos que a próxima vez poidamos coñecela en persoa.


   Alumnado de 1º e 2º durante a videoconferencia con Ledicia Costas.

martes, 18 de mayo de 2021

 MARATÓN DAS LETRAS GALEGAS 2021

O pasado venres día 14 celebramos no colexio o Día das Letras Galegas cunha nova edición do Maratón Literario.

Este ano, por iso de manter as distancias, houbo un para infantil e outro para primaria, e fíxéronse case todas as probas no exterior.

Educación Infantil, realizaron catro probas polas que foron rotando todos os grupos.

- Trala pista de Xela Arias

- Movemento e equilibrio

- Xogamos co nome de Xela Arias

- Pesca literaria





Educación Primaria, realizaron seis probas co mesmos sistema de rotación de grupos.

- Puntería con preguntas de verdadeiro/falso

- Aforcado cos títulos dos libros de Xela Arias

- Ilustración de poemas

- Rosco de pasapalabra

- Xogos de equilibrio

- Bailamos unha coreografía sobre un poema de Xela Arias (do libro Darío a diario, creado por unha alumna do CEIP Carballal de Marín).





jueves, 13 de mayo de 2021

 LETRAS GALEGAS: VÍDEOS PARA COÑECER A XELA ARIAS.

BUSCANDOA XELA ARIAS, VIDEOVISITA Á BIBLIOTECA XELA ARIAS EN CHAPELA.

"Buscando a Xela: visita virtual á Biblioteca Xela Arias de Chapela" é un vídeo que nos fan chegar desde as Bibliotecas Municipais de Redondela.

O vídeo  é unha visita virtual á Biblioteca Xela Arias de Chapelaque leva o nome de Xela Arias, e que festexa así este ano especial dedicado á escritora. Nel coñeceremos esta biblioteca e moitos datos sobre a vida e obra da escritora. 

Conta coa dirección, guión e interpretación de Raquel Queizás, e a gravación de Fernando Carreira.


UNHA HISTORIA DE XELA ARIAS. 

E para os máis pequenos unha biografía adaptada de Xela Arias con pictogramas.

 ENCONTRO DE EVA MEJUTO CO ALUMNADO DE INFANTIL

Este mércores, día 12, a escritora Eva Mejunto tivo un encontro no colexio co alumnado de Infantil. Os nenos e nenas fixeran previamente coas súas mestras distintas actividades sobre o seu libro Dez gatiñas viaxeiras.

As súas profesoras contaron o conto e xuntos buscaron en internet fotos e algúns datos sobre Eva Mejuto.

Fixeron unha búsqueda do tesouro polo colexio coas personaxes  do libro.

Cunha recta numérica neos e nenas practicaron os números contron o conto.


Xogaron e aprenderon máis cousas sobre este conto cun percorrido co beebot.




lunes, 3 de mayo de 2021

 FESTA DOS MAIOS. AS NOSAS COPLAS

O venres 30 celebramos no colexio a Festa dos Maios. Colaboraron na elaboración do maio todo o alumnado e profesorado do centro. Feito o maio todos os grupo cantaron as súas coplas. A continuación temos a recompilación das coplas feitas polo equipo de biblioteca.