jueves, 26 de abril de 2018

DÍA DO LIBRO: APADRIÑAMENTOS LECTORES

O 23 de abril, con motivo da celebración do Día do Libro, volvemos a realizar a actividade dos apadriñamentos lectores. Xa que estaba un bonito día os/as nenos/as decidiron sair ao patio co seu conto. Unha vez máis os maiores fixeron que os seu afillados/as disfrutasen escoitando un conto especialmente elexido para eles.
Logo da lectura, a actividade plástica, nesta ocasión un animal en títere de dedos.
 
 

lunes, 16 de abril de 2018

VISITA DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO
O venres día 13 visitounos este recoñecido escritor en lingua galega.
Falounos dos seus libros e xuntos recitamos e creamos poemas nunha sesión moi amena. Antonio García Teijeiro axudounos a apreciar a poesía.