martes, 22 de enero de 2019

ALMORZOS SAUDABLES
Á volta das vacacións de Nadal, en varias sesións, todo o alumnado participou na actividade Almorzos Saudables, promovida pola Consellería de Sanidade. 
Tras unha charla sobre alimentación saudable e saúde bucodental, degustaron un almorzo mediterráneo: torradas de xamón e tomate con aceite de oliva, unha mandarina e leite con cacao.




viernes, 18 de enero de 2019

ESCRITORES QUE NOS VISITARÁN
Este curso, no mes de abril visitarannos Teresa González Costa e Iago López. Os nenos e nenas de primaria van ler nas aulas os seguintes libros:
De Teresa González Costa:
3º e 4º:  Fred Quincalla, o nómade do mar. 
5º e 6º:  A filla do ladrón de bicicletas e A noite das bicicletas.
De Iago López:
1º e 2º: O cociñeiro Martiño e O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas.

Teresa González Costa é licenciada en Filoloxía inglesa e italiana e actriz en diversas compañías de teatro. Como narradora infantil escribiu diversas obras acadando o Premio Merlín de Literatura Infantil 2010 pola obra A filla do ladrón de bicicletas.

Iago López Santos é mestre en educación Infantil e contacontos. Tamén é autor dalgúns libros de literatura infantil e dedícase ao mundo do teatro como actor e director en grupos como "Marañao" e "Chéspir Teatro".

martes, 15 de enero de 2019

DÍA DA PAZ. DEPORTE E DEPORTIVIDADE
O 30 de xaneiro celebraremos o día da Paz. Achegamos algunhas pequenas historias sobre grandes xestos de deportividade. Queremos con elas axudar a reflexionar sobre a importancia dos valores de compañeirismo, tolerancia, amizade, esforzo, respecto... que sempre deben acompañar a práctica do deporte a calquera idade.

1. O atleta español Iván Fernández deixa gañar ao keniano Abel Mutai que non sabía que aínda quedaba un tramo para chegar á meta.





Outras mulleres participaban nesta maratón sen poder inscribirse oficialmente na proba. Cando anos despois foi admitida a participación das mulleres nesta carreira de larga distancia Jock Semple, o xuíz que vemos neste vídeo tratando de apartar Kathrine Switzer, se reconciliu públicamente con ela na saída da proba no ano 1973.


6. Varios Jesse Owens y Lutz Long, unha amizade inesperada (atletismo). Paula Pareto e o seu abrazo sinceiro á rival que a derrotou (judo)...


FROITOS DO INVERNO
Os compañeiros e compañeiras de 1º e 2º xa nos prepararon a exposición de froitos de inverno.