ESCRITORES QUE NOS VISITARÁN
Este curso, no mes de abril visitarannos Teresa González Costa e Iago López. Os nenos e nenas de primaria van ler nas aulas os seguintes libros:De Teresa González Costa:
3º e 4º: Fred Quincalla, o nómade do mar.
5º e 6º: A filla do ladrón de bicicletas e A noite das bicicletas.
De Iago López:
1º e 2º: O cociñeiro Martiño e O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas.
Teresa González Costa é licenciada en Filoloxía inglesa e italiana e actriz en diversas compañías de teatro. Como narradora infantil escribiu diversas obras acadando o Premio Merlín de Literatura Infantil 2010 pola obra A filla do ladrón de bicicletas.
Iago López Santos é mestre en educación Infantil e contacontos. Tamén é autor dalgúns libros de literatura infantil e dedícase ao mundo do teatro como actor e director en grupos como "Marañao" e "Chéspir Teatro".
No hay comentarios:
Publicar un comentario