viernes, 21 de junio de 2019

BOLETÍN DE ACTIVIDADES E GUÍA DE LECTURAS DE VERÁN




miércoles, 12 de junio de 2019

FIN DO PROXECTO "A SAÚDE É A NOSA META". 
A PIRÁMIDE DA VIDA SAUDABLE
Como actividade de peche do noso proxecto de biblioteca deste curso, o venres día 10, invitamos ás familias a ver unha representación dunha pirámide de vida saudable. Colaboraron todos os nenos e nenas do colexio. 
A pirámide tiña tres cores. Na base, de cor verde, os alimentos que debemos tomara a diario. No centro, de cor laranxa, os alimentos que hai que comer de 3 a 5 veces á semana. Na parte superior, de cor vermella, os alimentos que hai que tomar poucas veces á semana ou ocasionalmente.
Os nenos e nenas explicaron cales eran os alimentos que correspondían a cada zona e falaron das súas características nutricionais.
Tamén houbo unha representación das actividades físicas que debemos realizar para ter unha boa saúde.
Finalmente o alumnado de 6º, que traballou sobre a alimentación ecolóxica, fixo unha demostración do funcionamento dun forno solar.
Aquí tedes unha selección de fotos desta xornada, que esperamos fose interesante para todas as familias que se achegaron ao colexio.










miércoles, 5 de junio de 2019

NENAS DE 1º E 2º RECOMENDAN LIBROS DA NOSA BIBLIOTECA
Estas seis nenas son o alumnado de 1º e 2º que máis libros levou emprestado da nosa biblioteca durante este curso. Recomendan os libros que máis lles gustaron.

Nerea, Carolina e Valeria de 1º curso recomendan:

- Roro el rugidos, David Belford.
- Abezoo, Carlos Reviejo.
- Garfield & cia, Jim Davis.

Ana, Seila e Marea de 2º curso recomendan: 

- O conto dos silencios, Silvia Pazos.
- La vuelta al mundo de Mouk, Marc Boutavant.
- Caballos, V.V.A.A.