viernes, 30 de octubre de 2020

 CONTOS DE MEDO POLO SAMAÍN

Nesta ocasión non podemos reunirnos na sala de usos múltiples para disfrutar dos contos de medo que prepararon nos grupos de 4º, 5º e 6º. Pero aquí os temos.

- A boneca asasina, 5º de Primaria.


Os nenos e o barco, 4º de Primaria.


Anxo e as castañas do camposanto, 6º de Primaria.


lunes, 26 de octubre de 2020

MARCAPÁXINAS CONMEMORATIVOS DO DÍA DAS BIBLIOTECAS

Aqui tedes  fotos dos marcapáxinas que creamos para celebrar o Día das Bibliotecas. Moi bonitos! e xa se sabe... un marcapáxinas non é tal ata que non está dentro dun libro. Ánimo lectores!



jueves, 22 de octubre de 2020

 UNHA HISTORIA DE SAMAÍN: 

A CASIÑA LARANXA

"Érase unha vez unha bruxa moi pequena que camiñaba polo bosque..." así empeza esta divertida historia de Samaín con sorpresa final. So precisas unhas tesoiras, papel laranxa e ler cun pouco de atención. Esperamos que vos guste!



miércoles, 21 de octubre de 2020

Día das bibliotecas escolares

 O vindeiro 24 de outubro, as bibliotecas de todo o mundo estamos de celebración:

Será o noso día especial!! si, si, esa data, recórdanos a importancia das bibliotecas na nosa sociedade, na nosa vida; 

As bibliotecas son fonte de cultura, de coñecemento, de lecer...

Este ano, como non, queremos invitarvos a participar co deseño dun marcapáxinas.

É un deseño, que esperamos que vos guste.

Deixamos que utilicedes a vosa creatividade, pero eso sí, ten que aparecer a data da nosa conmemoración.

Podedes enviar as fotos do voso resultado final!!

Grazas a tod@s.