jueves, 23 de mayo de 2019

TRABALLOS DOS PROXECTOS DOS CURSOS
Durante este curso estes foron os proxectos que traballaron nos diferentes grupos, todos eles relacionados co proxecto de centro, "A saúde é a nosa meta".

Educación infantil: as froitas
1º de primaria: os cereais
2º de primaria: a alimentación dos deportistas
3º de primaria: a cenoria
4º de primaria: os lácteos
5º e 6º de primaria: a alimentación ecolóxica

Aquí tedes imaxes dalgúns dos traballos realizados:

 
 
 
 
 
 

lunes, 20 de mayo de 2019

A HORTA DE EDUCACIÓN INFANTIL

O alumnado de infantil ten unha horta no seu patio. Estes días prepararon a terra e plantaron leitugas rizas e de folla de roble, pementos celtas e porros. Todos son alimentos moi axeitados para unha alimentación saudable. Agora teñen que regar e esperar a que crezan. Seguro van ter unha boa colleita!



domingo, 12 de mayo de 2019

 SAÍDAS 3º TRIMESTRE

O venres 5 de abril alumnado de 1º, 2º e 3º aisitiu no Teatro Afundación ao espectáculo Eu cociño, ti cocinas?
É unha obra músico- teatral do grupo Mamá Cabra que aborda de forma lúdica a alimentación saudable, tratando distintos aspectos curriculares relacionados con esta temática.

Timoteo cambiou o seu quiosco por un restaurante que se chama COKI. Tan preocupado estaba porque os nenos e nenas comeran saludable que abriu un restaurante, e ata ten un blog. As súas receitas teñen ingredientes moi especiais: sorrisos de mamá, empanadillas con amor...  viaxes de papar e xogar, aventuras de
piratas...Timoteo di que cociñando podemos percorrer o mundo e facer amigos.

O día 10 de maio o alumnado de infantil visitou o Museo ANFACO da Industria Conserveira para aprender que son as conservas, como se traballa nestas fábricas e observar diferencias entre a tecnoloxía neste traballo antes (a principios de século XX) e na actualidade.