SEMANA DO LIBRO 2026
Este curso fixemos un mural cos traballos do alumnado que levou por título: " UN LIBRO PARA..."
Os nenos/as elaboraron tarxetas con debuxos de libros para: divertirse, soñar, aprender...
Ademais houbo hora de ler "especial " onde os mestres prepararon unha lectura cos grupos de alumnos/as cos que non comparten este tempo de lectura durante o curso.
Para rematar, aí van algunhas fotiños do apadriñamento lector do alumnado de primaria ós alumnos/as de infantil e 1º ciclo.





