martes, 22 de diciembre de 2020

POSTAIS DO AMIGO INVISIBLE POLO NADAL

Un ano máis no Nadal todos os nenos e nenas e o profesorado recibiu a súa felicitación de Nadal do amigo invisible. Nesta ocasión non recibimos postais en papel, están todas no seguinte video.


martes, 15 de diciembre de 2020

 GUÍA DE LECTURAS DE NADAL

Os libros tamén son uns bos agasallos de Nadal. Aquí tes a nosa guía cunha selección de libros de recente publicación para todas as idades. 

Na guía tamén están os libros das escritoras que leremos xuntos na clase. Busca o do teu curso e pídello a Papá Noel ou aos Reis Magos.



  INVESTIGAMOS NO NADAL

Aqui tedes a presentación cos traballos de investigación que fixemos en todos os cursos sobre personaxes de Nadal e tradicións ou decoracións típicas destas datas. Seguro que lendo aprendedes moitas cousas!



jueves, 10 de diciembre de 2020

  POLO NADAL... CONTOS E CURTAMETRAXES

Aquí tedes algúns contos de Nadal e unha selección de curtametraxes que nos farán reflexionar sobre a verdadeira amizade, a importancia da familia, o valor dos xoguetes. Esperamos que vos gusten.

Contos:

Una cinta de dos palmos y pico. Juan Farias.

Carta del abuelo a los Reyes Magos. Juan Farias.

La rebelión de los juguetes. Carles Cano.

El árbol de Navidad. Carles Cano.

La araña de Navidad (leyenda alemana)

Curtametraxes:

La noche mágica de Gaspar (homenaxe as persoas que traballan polo Nadal)


Una carta más corta (neno que recibe unha carta de Papá Noel)

What would Christmas be without love? ou Que sería do Nadal sen amor? (unha historia moi tenra)


Historias que nos unen. Temática: a familia


viernes, 4 de diciembre de 2020

 MOCHILAS VIAXEIRAS

Xa están circulando as mochilas viaxeiras de todos os grupos. Foron saído en distintas datas. Este curso, debido as medidas de prevención postas en marcha por mor da pandemia, terédela na vosa casa durante unha semana e na seguinte estará en corentena no colexio. Disfrutádeas! Esperamos que vos gusten.




miércoles, 25 de noviembre de 2020

 AS NOSAS BOLBORETAS PARA O DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA  A MULLER

miércoles, 18 de noviembre de 2020

 INVESTIGAMOS NO NADAL

Neste Nadal cada clase vai investigar sobre un personaxe navideño. En primaria tamén investigaredes sobre un adorno ou decoración típica destas datas.

A continuación tedes os artigos dalgunhas webs que vos poden axudar a facer os vosos traballos.

- Personaxes europeos do Nadal

- Quen é o Apalpador?

- Outros personaxes de Nadal

- As principais personaxes do Nadal no estado español

- Os personaxes tradicionais do Nadal

- Los 16 personajes navideños más célebres del mundo

E para buscar información sobre tradicións decorativas do Nadal recomendamos...

- Galipedia

Seguro que vós atopades outras fontes de información con lendas ou historias relacionadas con esas tradicións decortivas típicas do Nadal.


jueves, 12 de noviembre de 2020

 DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

O próximo 25 de novembro celébrase esta data para denunciar a violencia contra as mulleres en todo o mundo e reclamar que se tomen medidas para a súa eliminación.

No colexio fixemos unha selección de lecturas para todas as aulas que tratan de educar na igualdade de oportunidades e dereitos, na liberdade individual, na eliminación de estereotipos e no respecto polos demais independentemente do seu xénero.



Ademais sumámonos á iniciativa do Concello de Redondela para decorar o colexio con bolboretas.

Pincha na imaxe para informarte sobre porque se celebra o 25 de novembro e porque se elexiron as bolboretas como símbolo desta revindicación.




domingo, 1 de noviembre de 2020

 SAMAÍN: PELÍCULAS DE MEDO

Polo Samaín vimos unha "película de medo" en cada clase. Logo fixemos un resumo da película e debuxamos e analizamos os personaxes principais. Para rematar valoramos as pelis con estrelas. Aqui tedes os coloridos carteis que fixemos cos nosos traballos. 

1º e 2º de primaria
Infantil 3 anos
3º de primaria
Infantil 5 anos
5º de primaria
6º de primaria
Infantil 4 anos
4º de primaria


viernes, 30 de octubre de 2020

 CONTOS DE MEDO POLO SAMAÍN

Nesta ocasión non podemos reunirnos na sala de usos múltiples para disfrutar dos contos de medo que prepararon nos grupos de 4º, 5º e 6º. Pero aquí os temos.

- A boneca asasina, 5º de Primaria.


Os nenos e o barco, 4º de Primaria.


Anxo e as castañas do camposanto, 6º de Primaria.


lunes, 26 de octubre de 2020

MARCAPÁXINAS CONMEMORATIVOS DO DÍA DAS BIBLIOTECAS

Aqui tedes  fotos dos marcapáxinas que creamos para celebrar o Día das Bibliotecas. Moi bonitos! e xa se sabe... un marcapáxinas non é tal ata que non está dentro dun libro. Ánimo lectores!



jueves, 22 de octubre de 2020

 UNHA HISTORIA DE SAMAÍN: 

A CASIÑA LARANXA

"Érase unha vez unha bruxa moi pequena que camiñaba polo bosque..." así empeza esta divertida historia de Samaín con sorpresa final. So precisas unhas tesoiras, papel laranxa e ler cun pouco de atención. Esperamos que vos guste!



miércoles, 21 de octubre de 2020

Día das bibliotecas escolares

 O vindeiro 24 de outubro, as bibliotecas de todo o mundo estamos de celebración:

Será o noso día especial!! si, si, esa data, recórdanos a importancia das bibliotecas na nosa sociedade, na nosa vida; 

As bibliotecas son fonte de cultura, de coñecemento, de lecer...

Este ano, como non, queremos invitarvos a participar co deseño dun marcapáxinas.

É un deseño, que esperamos que vos guste.

Deixamos que utilicedes a vosa creatividade, pero eso sí, ten que aparecer a data da nosa conmemoración.

Podedes enviar as fotos do voso resultado final!!

Grazas a tod@s.


jueves, 18 de junio de 2020

GUÍA DE LECTURAS DE VERÁN
O verán sempre é unha boa época para ler porque temos máis tempo libre. Aquí tedes unha recomendación de novidades de lectura infantil para todas as idades. Feliz verán e feliz lectura!




jueves, 4 de junio de 2020

DÍA MUNDIAL DA BICICLETA
Celébrase o 3 de xuño para promocionar a bicicleta como medio de transporte porque o seu uso é ecolóxico, beneficioso para a saúde e asequible. 
Aquí tedes os traballos feitos por alumnado de primeiro.
 Héctor
 Lucía

lunes, 1 de junio de 2020

XOGO: MÚSICA DE PELÍCULAS
Desde educación infantil envíannos este divertido xogo creado para que os nenos e nenas recoñezan a música dalgunhas películas de animación.
Anímate a xogar, a ver cantos acertos tes!



lunes, 25 de mayo de 2020

POESÍA NO CONFINAMENTO
Compañeiros e compañeiras de 5º de primaria recitan poemas. Facede clic no seu nome para escoitalos.

NOA             VICTOR           NAIARA   

ANA LÍA       LUCÍA            PAULA

PEPE             ELENA              BRAIS               

ELSA        ROI            ALBA          LUCAS        


E ADEMAIS... un monólogo de Noa:

O SUPERHEROE

domingo, 24 de mayo de 2020

AUDIOCONTOS NO CONFINAMENTO
Nenas de 3º elexiron un conto na súa casa que len para compartir con todos/as nos.

"El principito" leído por Iria (3º)
 "O coelliño branco" leído por Noa (3º)


"Hansel e Gretel" leído por Ainhoa C (3º)

 "Un beso antes de desayunar" leído por Ana (3º)


jueves, 21 de mayo de 2020

18 de maio, DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS.
Nenos/as de 1º de Primaria fan visitas virtuais a museos.
Con motivo da celebración desta data os compañeiros/as de primeiro fixeron, desde as súas casas, unha visita virtual a un museo elexido por eles/as mesmas.
Nos museos podemos aprender, investigar e tamén devertirnos. Así que vos deixamos unhas imaxes de traballos dalgúns deses compañeiros de 1º que fixeron a súa versión dunha obra do museo que visitaron.


Museo Frida Kalho: Viva la vida, de Frida Kahlo. Por Daniel.

 
Museo Naval de Ferrol: Fragata Mª Magdalena. Por Hugo.

Museo Americano de Historia Natural: Triceratops. Por Yael.


Unhas webs desde as que podedes facer visitas virtuais a museos galegos, de España e doutros lugares do mundo.

- RZ100ARTE, WEB PARA VISITAR MUSEOS DEL MUNDO SIN SALIR DE CASA 

GUÍA DE MUSEOS PARA NIÑOS

12 MUSEOS ONLINE PAR VISITAR CON TUS HIJOS


lunes, 11 de mayo de 2020

XOGOS LETRAS GALEGAS
Dúas interesantes actividades para por a proba os teus coñecementos sobre a figura do autor homenaxeado este ano polas Letras Galegas.


O preguntoiro musical



O misterio da casa de Carvalho Calero


sábado, 2 de mayo de 2020

COPLAS DOS MAIOS 2020
Este ano como estamos confinados non puidemos celebrar a Festa dos maios no colexio. Sen festa quedamos! pero compuxemos as coplas para que a primavera teña a súa benvida.

Daniel de 1º e Roi, Brais e Ana Lía de 5º de primaria animáronse a cantar e enviaron o audio da súa copla: 

DANIEL      ROI      BRAIS      ANA LÍA


viernes, 1 de mayo de 2020

AUDIOCONTO DO ALUMNADO DE 2º

Aquí tedes o audioconto Bailaremos bajo una estrella. Neste conto os nenos e nenas de 2º fálannos dun personaxe moi propio destos días, un virus malvado.






miércoles, 29 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO
Aquí temos os debuxos que fixéstedes logo de ler os contos nas webs que vos recomendamos para o Día do libro. Parabéns aos lectores e lectoras.




lunes, 27 de abril de 2020

LETRAS GALEGAS 2020

Este ano o Día das Letras Galegas está adicado a homenaxear a Ricardo Carvalho Calero. Nos colexios faremos actividades para coñecer a este persoeiro pero os actos conmemorativos foron suspendidos, polas circunstancia actuais, ata o 31 de outubro.

Ricardo Carvalho Calero naceu en Ferrol o 30 de outubro de 1910. Estudou Dereito e tamén Filosofía e Letras en Santiago de Compostela con moi boas notas. Durante a guerra alistouse coa república e estivo dous ano preso en Xaén.
En 1958 ingresou na Real Academia Galega. Ao longo da súa vida publicou libros sobre a lingua galega: Historia da literatura galega contemporánea (1963) e Gramática elemental del gallego común (1966). Tamén é autor de obras de poesía, Vieiros (1931); narrativa, Scorpio (1951); teatro, Catro pezas (recopilatorio); ensaio...
Foi profesor no instituto Rosalía de Castro de Santiago e na Universidade de Santiago de Compostela. Mentre seguiu publicando obras relacionadas coa lingua e literatura galegas e obras de creación. Faleceu o 25 de marzo de 1990.

domingo, 19 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO 2020
Este ano non podemos celebrar o Día do libro saíndo a ler contos no patio, pero non vamos a deixar pasar a oportunidade de disfrutar dun conto (ou de varios).
Aquí tedes algunhas propostas: contos para escoitar, contos para ler e contos sen texto.  

1. Contos contados (Kalandraka). Moitos contos en galego, ás veces contados polos seus propios autores/as. Seguro que recoñecedes a algúns.

2. Cuéntame un cuento. Contos infantís en español para escoitar e ver.

     Contos en galego y cuentos en castellano. 


3. Contos para ler. Contos clásicos, de terror, ciencia ficción, fábulas...

4. Dous Contos sen texto, nin audio. Para que deixes voar a túa imaxinación.


EL PEZ FELIZ