LETRAS GALEGAS 2020
Este ano o Día das Letras Galegas está adicado a homenaxear a Ricardo Carvalho Calero. Nos colexios faremos actividades para coñecer a este persoeiro pero os actos conmemorativos foron suspendidos, polas circunstancia actuais, ata o 31 de outubro.

En 1958 ingresou na Real Academia Galega. Ao longo da súa vida publicou libros sobre a lingua galega: Historia da literatura galega contemporánea (1963) e Gramática elemental del gallego común (1966). Tamén é autor de obras de poesía, Vieiros (1931); narrativa, Scorpio (1951); teatro, Catro pezas (recopilatorio); ensaio...
Foi profesor no instituto Rosalía de Castro de Santiago e na Universidade de Santiago de Compostela. Mentre seguiu publicando obras relacionadas coa lingua e literatura galegas e obras de creación. Faleceu o 25 de marzo de 1990.
No hay comentarios:
Publicar un comentario