MARATÓN DAS LETRAS GALEGAS 2021
O pasado venres día 14 celebramos no colexio o Día das Letras Galegas cunha nova edición do Maratón Literario.
Este ano, por iso de manter as distancias, houbo un para infantil e outro para primaria, e fíxéronse case todas as probas no exterior.
Educación Infantil, realizaron catro probas polas que foron rotando todos os grupos.
- Trala pista de Xela Arias
- Movemento e equilibrio
- Xogamos co nome de Xela Arias
- Pesca literaria
- Puntería con preguntas de verdadeiro/falso
- Aforcado cos títulos dos libros de Xela Arias
- Ilustración de poemas
- Rosco de pasapalabra
- Xogos de equilibrio
- Bailamos unha coreografía sobre un poema de Xela Arias (do libro Darío a diario, creado por unha alumna do CEIP Carballal de Marín).
No hay comentarios:
Publicar un comentario