lunes, 1 de noviembre de 2021

 FAMILIAS, XAQUÍN  RÉTAVOS!!!














Xaquín proponnos un reto, para iso temos que comezar enviándolle ao seu correo unha foto onde apareza un elemento do concello de Redondela  relacionado co camiño de Santiago (cruceiro, ponte, edificio, sinal...). Lembrade que non debe de saír ningunha persoa; só o que queiramos mostrar.

Mensualmente, Xaquín publicará no blog as fotos. O reto consistirá  en adiviñar o   lugar de Redondela onde se atopa o elemento  que aparece na foto.

CORREO ELECTRÓNICO: biblioxaquin@gmail.com

Lembrade ao enviar a foto, indicar tamén  o lugar exacto onde foi sacada. 

Exemplo: Cruceiro situado na parroquia de Cedeira.

Graciñas!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario