martes, 10 de febrero de 2015

BAÚL DE NOVIDADES
Durante algúns días tod@s @s nen@s do colexio tiveron nas súas aulas o baúl cos libros novos da nosa biblioteca. A idea foi da nosa mascota, Xaquín, que enviou a cada clase unha carta na que nos animaba a seguir medrando como lectores e nos presentaba o baúl. Había contos, algúns cómics, libros de aventuras, libros sobre animais, de cociña... todos moi novos.
Agora todos eses libros están xa na biblioteca para que poidamos levalos emprestados para casa e disfrutemos deles con máis tempo.
Aquí tendes  as fotos da chegada dos libros novos ás aulas.
 



 
 
 
 

 
 
 


No hay comentarios:

Publicar un comentario