Matematicamente!
Benvidos a un novo curso escolar en biblioxaquin onde, como di o título do proxecto, traballaremos as matemáticas.
Realizaranse diferentes investigacións: dende as grafías dos números, matemáticas presentes nas actividades no fogar, na arte así como os sistemas de medida ou a xeometría. Todo para coñecer a importancia desta ciencia na nosa vida.
Comezamos cos retos mensuais da nosa mascota, o esquío Xaquín
OS NÚMEROS ARÁBICOS
Díselle arábicos porque en Europa os coñecimos gracias os comerciantes árabes na Idade Media.
Saberías dicir que números empregabamos en europa antes de coñecer a numeración arábica?

No hay comentarios:
Publicar un comentario