24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Onte abrimos as portas de biblioxaquín, para este curso 24/25, cun certame de relatos curtos elaborados polo noso alumnado dende as titorias.
Todos os relatos comezaban do mesmo xeito: XAMAIS ESQUECEREI AQUILO QUE PASOU NA BIBLIOTECA...
Pero dese principio, saíron historias moi diferentes, que foron lidas polos representantes de cada curso.
Tamén tiveron unha mención especial o alumnado voluntario de 5º e 6º de primaria pola súa colaboración na organización da biblioteca.
Como peche do acto os nenos/as votaron o seu relato favorito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario