jueves, 11 de abril de 2019

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE.
REDONDELA FAI DEPORTE
O 7 de abril celébrase o Día Mundial da Saúde. Este curso celebramos esta data xa que está directamente relacionada coa temática do noso proxecto: A saúde é a nosa meta.
Todos os grupos pasaron pola biblioteca para coñecer os novos libros relacionados co proxecto. Coñeceron e comentaron o mural: Redondela Fai deporte. Nel aparecen clubes e asociación que organizan actividades deportivas no noso concello. Pretendemos divulgar e achegar información sobre os distintos deportes que poden practicar en Redondela. 

Cada grupo creou un eslogan animando a practicar deporte. Con eles creamos carteis que se exporán no ximnasio do centro.
Tamén elaboramos un boletín cos datos das entidades deportivas, que se enviou ás familias.


Powered by Issuu
Publish for Free

No hay comentarios:

Publicar un comentario