O alumnado de todos os grupos de primaria organizouse en grupos para investigar e responder as preguntas sobre gastronomía de Nadal que apareceron nuns paneis no corredor. Elaborada a información compartiuse colocando nos paneis as respostas e as fotografías. Logo pasaron a ler e coñecer todos os traballos expostos.
Nas aulas cubriron un test para comprobar canto aprenderan.
Aqui tedes unhas fotos dos paneis con información sobre pratos e doces típicos do Nadal en diferentes lugares.
Ademais, durante o mes de decembro tivemos no corredor unha selección de libros de Nadal da nosa biblioteca para a Hora de ler.
No hay comentarios:
Publicar un comentario