LECTORES DA NOSA BIBLIOTECA RECOMENDAN
Neste segundo trimestre son nenos e nenas de 3º e 4º os que recomendan algún dos libros que máis lles gustaron.
María Lorenzo de 3º recoméndanos Entresombras y la cabalgata macabra de Roberto Aliaga.
Gústanme as historias de medo. Nesta o protagonista é un neno chamado Lucas.
Nicolás Pérez de 4º recomenda o libro La Odisea de Ulises de Catherine Mory.
Gústame a mitoloxía, os mundos antigos, os monstros os seus personaxes e as aventuras que viven.
A Uxía Soto de 3º gústanlle moito os libros da colección Animais domésticos ( O gato, O cabalo, O coello, a ovella...)
Gústanme os animais e estes libros teñen moita información e fotos de animais.
Verónica Lago de 4º recomenda Kika Superbruxa detective.
Gústanme os libros e as historias de detectives.
Carlota Alonso de 3º recoméndanos Zoé loves NY, da colección La banda de Zoé, de Ana García Siñeriz.
Aventuras e viaxes con un grupo de amigos como protagonistas: Zoé, Marc, Alex, Liseta e un can, Kira.
A Adrián López de 4º pareceulle interesante El gran libro sobre Roma de Pau Joan Hernández.
É interesante ver que os romanos construían casas, pontes e grandes edificios, como o Coliseo, sen electricidade nin máquinas como as que hai agora.
lunes, 14 de marzo de 2016
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario