lunes, 15 de junio de 2015

OS LECTORES DA NOSA BIBLIOTECA RECOMENDAN...
E para rematar o curso aquí temos os libros da nosa biblioteca que nos recomendan en 1º e 2º.


PAULA de 1º
Dora, la ballena despistada. Laura Dotta. Ed. San Pablo.
Gustoume porque a balea ten moitos amigos. Os debuxos son bonitos.
 
MARÍA de 2º
Gatos. Guía Edimat.
Con este libro aprendes moito sobre gatos e ademais hai fotos de gatos moi bonitos e outros moi raros.
Na biblioteca atoparedes máis libros desta colección.







NURIA de 1º
Pupi y los fantasmas. María Menéndez. SM
Gustoume porque Pupi ten medo aos fantasmas e é gracioso. Ten moitos amigos.
Pupi é un pequeno extraterrestre que vive moitas aventuras cos seus amigos do planeta Terra. Na biblioteca hai outros dous libros desta colección.



NOELIA de 1º
Leila Blue, El prodigio de la oscuridad. Miriam Dubini. Ed. Anaya.
A min gústanme os libros de Leila Blue porque a protagonista é unha bruxa que fai maxia.



CARLOTA de 2º
Tea Stilton, La esmeralda del príncipe indio. Ed. Planeta.
É un libro divertido e con ilustracións moi bonitas. Nesta aventura as cinco amigas viaxan xuntas á India.


LEIRE de 2º
El tigre. Colección ¿Quién eres? Ed. Combel
Con estes libros aprendes moito sobre animais. Gústanme tamén as preguntas para comprobar o que vas aprendendo.
Na nosa biblioteca tedes outros libros desta colección: la pequeña jirafa, la mariquita...

No hay comentarios:

Publicar un comentario