jueves, 23 de abril de 2015

VISITA DE SANTIAGO JAUREGUIZAR
O mércores día 22 visitou o noso cole o escritor Santiago Jaurequizar. Charlou na biblioteca con nen@s de 5º e 6º, que leron algúns dos seus libros. Contou que unha das inspiracións para o seu personaxe de Tintimán foi Tintín, que sempre lle gustou moito. Tamén adiantou que está traballando en novas aventuras de Tintimán que se desenvoloverán en Ourense, Pontevedra e Ferrol.
Ó final asinou os libros a todos os nenos e nenas. Noutra entrada deste blog, do 12 de febrero, tiñades máis datos sobre este escritor.


No hay comentarios:

Publicar un comentario