viernes, 23 de mayo de 2014

PARTICIPAMOS NO PROGRAMA DE RADIO PONTE... NAS ONDAS!
Os centros escolares de Redondela participamos na XX edición de Ponte... nas ondas!con programas radiofónicos elaborados en cada centro. É esta unha experiencia educativa na que participan sobre todo centros de Galicia e norte de Portugal. A emisión dos programas será o día 30 de maio de 10:00 a 22:00 horas (na FM das emisoras de radio).

O programa do noso colexio está feito polo alumnado de 5º de primaria e gravado en Radio Redondela. Trata sobre ditos e expresións da fala de Redondela. Aquí mesmo podes escoitalo.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario