A Bibliocaravana comezou no noso colexio a súa andaina polos centros de ensino de Redondela.
Dúas eran as actividades ofertadas polas bibliotecas públicas xunto co Equipo de Normalización do Concello :
- Vanesa e Rosalía, dúas alumnas do IES de Chapela que cursan un ciclo de educación infantil, sorprenderon os máis pequenos cunhas sesións de contacontos.
- O alumnado de 2º ata 6º de primaria visitou unha caravana na que poideron manipular libros e documentos nas diferentes linguas de toda a xeografía da Península. Por problemas técnicos, non foi posible a proxección dunha curta.
lunes, 11 de abril de 2011
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario