Biblioteca do C.E.I.P. Plurilingüe Quintela
Redondela
lunes, 21 de marzo de 2011
Pequenos poetas
@s alumn@s de 2º de primaria recitaron para os seus compañeiros de ciclo un bonito conto rimado que compuso Xosé Cermeño e que foi publicado por Xerais dentro da obra Quéroche contar un conto. O recitado completouse coa proxección de debuxos alusivos a cada estrofa que foron realizados polos propios nen@s.
Os maiores memorizaron e recitaron poemas dos clásicos e dos non tan clásicos. Como eles tamén son grandes poetas demostráronnos con pequenas composicións sobre temas actuais.
Este blog será unha porta aberta a todas as actuacións que se realicen por e na biblioteca. Tamén me gustaría que fose unha vía de participación de toda a comunidade educativa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario