View more documents from biblioxaquin.
lunes, 26 de diciembre de 2011
sábado, 17 de diciembre de 2011
jueves, 15 de diciembre de 2011
sábado, 10 de diciembre de 2011
Cesta de Nadal
Levamos o nadal ás aulas cunha cesta de libros sobre o tema. Incluímos tamén as novidades que mercamos.
viernes, 28 de octubre de 2011
Visitamos a biblioteca
lunes, 24 de octubre de 2011
A pintura, unha arte que se achega á escola
Xa comezamos a traballar no novo proxecto que transformará o centro nunha gran pinacoteca.
Os máis pequenos acercaránse a obra pictórica de tres grandes artistas como son Kandinsky, Miró e Arcimboldo, mentres que en cada titoría de primaria profundizaremos na obra e o estilo pictórico de dous pintores, un deles galego.
Deste modo coñeceremos obras de Ma Dans, Maside, Urbano Lugrís, Seoane, Colmeiro, Maruja Mallo e Xavier Pousa, xunto con outras de Dalí, Van Gogh, Picasso, Andy Warhol, Velázquez, Mondrian e Monet.
sábado, 8 de octubre de 2011
Mochilas viaxeiras
Comezaron a súa andaina o 7 de outubro.
Soñar
cantar
aprender
divertirse, ...
todo é posible
http://issuu.com/biblioxaquin/docs/caderno_viaxeiro_2011-2012
Soñar
cantar
aprender
divertirse, ...
todo é posible
http://issuu.com/biblioxaquin/docs/caderno_viaxeiro_2011-2012
martes, 24 de mayo de 2011
jueves, 5 de mayo de 2011
viernes, 29 de abril de 2011
"Imaxinamos" con An Alfaya
Hoxe visitounos An Alfaya e fíxonos soñar coa súa imaxinación de arco da vella.
lunes, 11 de abril de 2011
Visitounos a BIBLIOCARAVANA
A Bibliocaravana comezou no noso colexio a súa andaina polos centros de ensino de Redondela.
Dúas eran as actividades ofertadas polas bibliotecas públicas xunto co Equipo de Normalización do Concello :
- Vanesa e Rosalía, dúas alumnas do IES de Chapela que cursan un ciclo de educación infantil, sorprenderon os máis pequenos cunhas sesións de contacontos.
- O alumnado de 2º ata 6º de primaria visitou unha caravana na que poideron manipular libros e documentos nas diferentes linguas de toda a xeografía da Península. Por problemas técnicos, non foi posible a proxección dunha curta.
Dúas eran as actividades ofertadas polas bibliotecas públicas xunto co Equipo de Normalización do Concello :
- Vanesa e Rosalía, dúas alumnas do IES de Chapela que cursan un ciclo de educación infantil, sorprenderon os máis pequenos cunhas sesións de contacontos.
- O alumnado de 2º ata 6º de primaria visitou unha caravana na que poideron manipular libros e documentos nas diferentes linguas de toda a xeografía da Península. Por problemas técnicos, non foi posible a proxección dunha curta.
viernes, 1 de abril de 2011
Sesións de teatro lido
Para celebrar o día mundial do teatro, durante a hora de ler, realizaremos tres sesións de teatro lido a cargo do alumnado de primaria:
30 de marzo alumnado de 5º e 6º
31 de marzo alumnado de 1º e 2º
1 de abril alumnado de 3º e 4º
1 de abril alumnado de 3º e 4º
lunes, 21 de marzo de 2011
Pequenos poetas
jueves, 10 de marzo de 2011
lunes, 7 de marzo de 2011
Duendes e ninfas, xoaniñas, aves , árbores, flores, esquíos, lobos e zorros puidéronse ver na tarde do xoves na parroquia de Quintela no desfile de entroido.
Por primeira vez no noso centro, os disfraces confeccionados polo noso alumnado tomaron como tema de referencia o do proxecto da biblioteca para o presente curso escolar, os bosques.
lunes, 28 de febrero de 2011
XA ESTÁ AQUÍ O ENTROIDO
A nosa querida mascota, a través dunha carta, volve pedir a colaboración das familias para disfrazar ao Meco.
sábado, 29 de enero de 2011
Día escolar pola paz e a non violencia
Nas dúas derradeiras semanas de xaneiro estivemos preparando a celebración do Día escolar pola paz e a non violencia.
Adornamos as aulas e os corredores do cole

Buscamos información sobre a Paz e os pacifistas

Recitamos e compuxemos poemas, xogamos a actividades LIN, ...
E limos contos moi fermosos.
Como remate, onte venres xuntámonos todos na entrada do colexio, cada quen coa súa camiseta na que escribiron o lema sobre o futuro dos bosques, preparamos o tendal da PAZ e cantamos a canción Corazón con cremallera de Las Jaggets.
jueves, 27 de enero de 2011
WANGARI E AS ÁRBORES DA PAZ
Esta é unha historia verdadeira baseada na vida de Wangari Maathai, Premio Nobel da PAZ no ano 2.004.
Wangari Publicacion
View more documents from aldeatotal.
jueves, 6 de enero de 2011
BOLETÍN Nº 1 CURSO 2010-2011
Xaquín nos comenta as actividades realizadas na biblioteca neste 1º trimestre a través do boletín nº 1 do curso 2010-2011 que foi enviado ás familias, xunto coa guía de lectura para o Nadal.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)