"UN MUUU...NDO DE ANIMAIS"
Este é o título do noso proxecto de biblioteca para o curso escolar que comeza.
A través deste blog teredes información sobre moitas das actividades que realizaremos durante o curso relacionadas cos animais e sobre outras propias da biblioteca e o fomento da lectura.
Aqui tendes o cartel do proxecto deste curso 2017-18.
domingo, 17 de septiembre de 2017
domingo, 25 de junio de 2017
MÁIS LECTORES/AS DO CURSO 2016-17
Xa temos a lista dos/as nenos e nenas que neste curso levaron emprestados máis libros da nosa biblioteca. Noraboa a todos eles!
E agora que estades de vacacións animádevos e buscade a compaña dalgún libro: de aventuras, sobre un tema que vos guste, de banda deseñada, de humor... hai moitos libros que che poden interesar.
Xa temos a lista dos/as nenos e nenas que neste curso levaron emprestados máis libros da nosa biblioteca. Noraboa a todos eles!
E agora que estades de vacacións animádevos e buscade a compaña dalgún libro: de aventuras, sobre un tema que vos guste, de banda deseñada, de humor... hai moitos libros que che poden interesar.
Le e disfruta!
lunes, 19 de junio de 2017
TEMA DA BIBLIOTECA PARA O CURSO 2017-2018

Para elexir o tema do noso proxecto de biblioteca para o curso próximo organizamos unhas votacións nas que participaron todos os nenos e nenas do colexio (agás sexto de primaria, que non serán alumnado deste centro o vindeiro curso).
O equipo de biblioteca preparou uns vídeos sobre os temas propostos polo alumnado e profesorado: os deportes, os animais, o cine e os alimentos.
O día das eleccións, na biblioteca, viron os vídeos e logo marcaron nunha papeleta o seu tema favorito e o depositaron nunha furna.
O tema que resultou elexido foi: OS ANIMAIS
miércoles, 14 de junio de 2017
NENOS E NENAS DE 1º e 2º RECOMENDAN LIBROS DA NOSA BIBLIOTECA
Saray (1º curso) recomenda Tento e mailo oso de peluche de Ricardo Alcántara. "Ten debuxos bonitos e me gustan os cans".
Antía (1º curso) recomenda os libros da colección Sito Kesito de Dav Pilkey. "Gústame cando pelexan e os fliporamas".
Ana Lía (2º curso) recoméndanos La vuelta al mundo de Mouk de Marc Boutavant. "Porque é de aventuras e me gusta viaxar".
Elena (2º curso) recomenda La biblioteca de Basora de Jeanette Winter. "Porque trata de una biblioteca e libros".
Lucas (2º curso) recoméndanos 365 pingüinos de Jean Luc Fromental. "Gustame como van chegando os pingüinos á casa".
Lucía (1º curso) recomenda Polar bear de Eric Carle. "Porque aprendes inglés e ten uns debuxos moi bonitos".
viernes, 5 de mayo de 2017
viernes, 28 de abril de 2017
PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO... APADRIÑAMENTOS LECTORES
Os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria foron buscar as súas aulas aos seus afillad@s para lerlles un conto que escolleran con moita ilusión. Cada parella buscou un lugar onde estar cómodos e disfrutar da lectura.
Logo cada un coloreou unha rosa, típica do Día do Libro, coa que agasallou á súa parella.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






