miércoles, 17 de diciembre de 2014

OS LECTORES DA NOSA BIBLIOTECA RECOMENDAN...
Nenos e nenas de 3º ciclo queren recomendarvos algúns dos libros da biblioteca do noso colexio que lles gustaron especialmente. Aquí os tedes cos libros que vos aconsellan ler.
Ao longo do curso outros nenos e nenas aparecerán neste blog comentando os libros que lles gustan.
Anímate e le!



Alba Otero de 5º
Libro  que recomendo:  La pequeña bruja de Benjamín Lacombe.

Trata dunha nena que atopa no faiado da  casa da súa avoa un libro máxico. Gustoume porque é divertido e de aventuras.

 




Adrián Carrera de 6º
Quero recomendar os libros da colección Diario de Greg de Jeff Kinney.
Son moi divertidos, os debuxos son moi graciosos. Teñen sempre o mesmo protagonista, Greg. Son historias divertidas e emocionantes.



Ingrid Vidal de 5º
Recomendo este libro, Diario de Nikki de Rachel Renée, porque se te metes na historia é coma se vivises ti esa aventura. Ademais, gustoume porque ten una ensinanza: non tes que ser a máis popular para conseguir algo.






Nerea Álvarez de 6º
Gustoume moito o libro: Kika Superbruja y el vampiro del diente flojo de Knister.

A Dani, o irmán de Kika, vaille caer un dente. Kika cóntalle a historia dun vampiro ao que se lle movía un dente.






  Aranza Pereira de 6º 
Como estamos en Nadal recomendo: ¡Es Navidad, Stilton!

Gerónimo e Benjamín van a vivir moitas aventuras cando queren repartir os regalos de Nadal. Finalmente conseguirán repartilos e todos terán os seus regalos.






Germán Peleteiro de 5º
Quero recomendar as Guías Edimat de animais.

Teñen moita información interesante sobre os animais e tamén moitas imaxes. Son moi interesantes.



Atoparás estes libros e moitos máis na biblioteca do colexio.

miércoles, 5 de noviembre de 2014

POLO MUNDO ADIANTE
Este é o título do noso proxecto de biblioteca para este curso 2014-15. Queremos viaxar "polo mundo adiante". Coñeceremos os continentes e os océanos do noso planeta, aprenderemos a localizar algúns países, investigaremos sobre outros pobos, outras culturas, tradicións, coñeceremos monumentos e lugares emblemáticos... Seguro será divertido! Xa temos na nosa biblioteca unha selección de libros sobre estes temas e algún dos debuxos que fixemos nas aulas.




martes, 28 de octubre de 2014

LIBROS SOLIDARIOS. CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS DAS BIBLIOTECAS DE REDONDELA
 
Xunto coas bibliotecas municipais e outras bibliotecas escolares do noso concello participamos nesta campaña de recollida de alimentos, productos de limpeza...
Por cada aportación solidaria podedes levar un libro. Temos libros para maiores e de literatura infantil. Logo do 28 de novembro as doazóns serán recollidas e distribuidas por Caritas Redondela.
 
 




martes, 21 de octubre de 2014

24 de outubro DÍA DAS BIBLIOTECAS
Cun libro podemos crear calquera cousa, empregando só a nosa imaxinación.
Para conmemorar o Día das Bibliotecas eleximos una curtametraxe titulada: Ler transpórtate.


viernes, 10 de octubre de 2014

MOCHILAS VIAXEIRAS
As mochilas viaxeiras comezaron a seu percorrido polas casas d@s nen@s do noso cole o día 6 de outubro. Levan contos, libros informativos, revistas, música ou películas, xogos para os máis pequenos... Esperamos que as disfrutedes.

miércoles, 18 de junio de 2014

Alumn@s máis lector@s do curso 2013-14
No noso cole hai moitos nenos e nenas aos que lles gusta ler, saben que cun libro poden divertirse, imaxinar, aprender... Nesta foto tedes aos que neste curso levaron máis libros emprestados da nosa biblioteca: Leire e Breixo de 1º, Ariadna de 2º, Carla de 3º, Alba de 4º, Aroa de 5º e Andrea de 6º. Noraboa a todos eles e que sigan crecendo como lectores. E para os demais ... ánimo! Seguide o seu exemplo e disfrutade da lectura.

sábado, 14 de junio de 2014

VISITOUNOS GONZALO MOURE 
O venres 13 de xuño o escritor Gonzalo Moure estivo na nosa biblioteca. Os nenos e nenas de primeiro ciclo leran o seu libro El mejor amigo del perro e en segundo e terceiro ciclo Palabras de caramelo. Falamos dos seus libros, do oficio de escritor, do Sahara... e sobre todo gustounos a súa cercanía e a súa habilidade para comunicar sentimentos e emocións.