Biblioteca do C.E.I.P. Plurilingüe Quintela
Redondela
lunes, 21 de mayo de 2012
¡Non vos esquezades!
Mañán temos a II Feira de troco do libro usado. Os pais e nais podedes vir a escoller o voso libro pola mañá, á hora da saída, ou pola tarde.
domingo, 13 de mayo de 2012
CONCURSO BANDA DESEÑADA
Xa temos gañadores do concurso:
Quen vai con quen?
Grazas a todos os que participastes e ...
NORABOA aos gañadores!
lunes, 23 de abril de 2012
Día do libro Neste día tan especial deíxovos este fermoso libro.
sábado, 14 de abril de 2012
As Bibliotecas Municipais de Redondela están dando a coñecer a Banda Deseñada por todos os coles do concello. Durante o mes de abril teremos na nosa biblioteca o baúl viaxeiro con libros para pequenos e adultos.
Na carta que vos entregaron @s vos@sfill@s vai a información sobre esta actividade.
martes, 10 de abril de 2012
Durante este trimestre, en todos os niveis, estivemos realizando distintas actividades e traballos sobre recoñecidos pintores: investigamos sobre a súa vida, coñecimos as súas obras e incluso emulamos o seu traballo. Algúns dos traballos realizados están expostos nos corredores do centro.
Aquí vos deixo asentrevistas que elaboramos para que os nosos ex-alumnos recordasen algunhas das lembranzas do seu paso polo colexio. Quedamos agradecidos a todos/as os que atenderon a nosa chamada.
Este blog será unha porta aberta a todas as actuacións que se realicen por e na biblioteca. Tamén me gustaría que fose unha vía de participación de toda a comunidade educativa.
Espero os vosos comentarios.
Debuxo realizado por Martín Fdez., membro da ANPA
BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
E-ELBE: PLATAFORMA DE PRÉSTAMOS DE CONTIDOS DIXITAIS