lunes, 7 de marzo de 2011

Duendes e ninfas, xoaniñas, aves , árbores, flores, esquíos, lobos e zorros puidéronse ver na tarde do xoves na parroquia de Quintela no desfile de entroido.
Por primeira vez no noso centro, os disfraces confeccionados polo noso alumnado tomaron como tema de referencia o do proxecto da biblioteca para o presente curso escolar, os bosques.

lunes, 28 de febrero de 2011

XA ESTÁ AQUÍ O ENTROIDO

A nosa querida mascota, a través dunha carta, volve pedir a colaboración das familias para disfrazar ao Meco.

sábado, 29 de enero de 2011

Día escolar pola paz e a non violencia

Nas dúas derradeiras semanas de xaneiro estivemos preparando a celebración do Día escolar pola paz e a non violencia.

Adornamos as aulas e os corredores do cole



Buscamos información sobre a Paz e os pacifistas



Recitamos e compuxemos poemas, xogamos a actividades LIN, ...

E limos contos moi fermosos.




Como remate, onte venres xuntámonos todos na entrada do colexio, cada quen coa súa camiseta na que escribiron o lema sobre o futuro dos bosques, preparamos o tendal da PAZ e cantamos a canción Corazón con cremallera de Las Jaggets.



jueves, 27 de enero de 2011

WANGARI E AS ÁRBORES DA PAZ

Esta é unha historia verdadeira baseada na vida de Wangari Maathai, Premio Nobel da PAZ no ano 2.004.

domingo, 23 de enero de 2011

¡QUE VIVA LA PAZ!

jueves, 6 de enero de 2011

BOLETÍN Nº 1 CURSO 2010-2011

Xaquín nos comenta as actividades realizadas na biblioteca neste 1º trimestre a través do boletín nº 1 do curso 2010-2011 que foi enviado ás familias, xunto coa guía de lectura para o Nadal.


domingo, 26 de diciembre de 2010