RETO ABRIL
Solución reto anterior: Susana Rodríguez
Biblioteca do C.E.I.P. Plurilingüe Quintela Redondela
RETO MARZO
Nesta ocasión imos de ruta.
No concello do Rosal temos unha preciosa ruta de 3,5 km na que poderemos ver uns 60 muíños tradicionais. Todos son de pedra e situados en pendente en dúas ladeiras.
Funcionaban gracias a auga dos dous ríos que dan nome á ruta. Foron declarados en 1998 Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia. Cal e o nome desta ruta?
RETO FEBREIRO
Imos cun reto musical. A nosa terra deu grandes artistas. Algúns son coñecidos no mundo enteiro. A ver se adiviñades o nome dun músico galego nado en 1971 en Vigo, que toca a gaita a maila frauta ás mil marabillas. Outra pista... o seu primeiro disco foi A irmandade das estrelas. Animádevos a participar!
RETOS BIBLIOXAQUIN
A respostas do mes de xaneiro eran :
Afiador e redeiras.
Gracias por participar e sorte no 1º reto deste mes de febreiro.
Galicia posúe paisaxes espectaculares que atraen cada ano a milleiros de visitantes. ¿Saberías que praia de fermosas covas e acantilados situada na Mariña lucense, concretamente do concello de Ribadeo, foi declarada Monumento Natural no ano 2005?
RETOS BIBLIOXAQUIN:
PROXECTO "A NOSA TERRA"
ADIVIÑAS SOBRE …CHOIOS DOS QUE NON QUEDAN!!
1. Comerciante ambulante, saberás que ando polo teu barrio polo sonido da miña frauta. Somos moi populares en Ourense
2. Cando os mariñeiros/as voltan do mar, comeza o meu traballo. Necesito esta ferramenta
PARTICIPA NO NOSO BLOG!!
E NON ESQUEZAS INDICAR, ADEMAIS DAS REPOSTAS, O TEU NOME E CURSO.
Lembrade ir a publicar comentarios, escribir a resposta e premer en publicar.
As resposta quedarán publicadas ainda que non se visualicen ata pasados uns días