FAMILIAS, XAQUÍN RÉTAVOS!!!
Xaquín proponnos un reto, para iso temos que comezar enviándolle ao seu correo unha foto onde apareza un elemento do concello de Redondela relacionado co camiño de Santiago (cruceiro, ponte, edificio, sinal...). Lembrade que non debe de saír ningunha persoa; só o que queiramos mostrar.
Mensualmente, Xaquín publicará no blog as fotos. O reto consistirá en adiviñar o lugar de Redondela onde se atopa o elemento que aparece na foto.
CORREO ELECTRÓNICO: biblioxaquin@gmail.com
Lembrade ao enviar a foto, indicar tamén o lugar exacto onde foi sacada.
Exemplo: Cruceiro situado na parroquia de Cedeira.
Graciñas!!!