Biblioteca do C.E.I.P. Plurilingüe Quintela
Redondela
jueves, 23 de abril de 2015
23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO Hoxe celebramos no cole o Día do libro cunha actividade moi especial: Os apadriñamentos lectores. Días atrás @s profes fixeron as parellas de alumn@s. Cada alumn@ de 2º a 6º, padriños e madriñas, elexiu un conto para ler ao seu afillad@, nen@ de de infantil ou 1º. Hoxe, reunímonos no piso superior e os padriños e madriñas leron o conto elexido ao seu afillad@, moitos no patio, outras nas aulas, nas escaleiras... Logo cada parella diseñou una nova portada para o seu libro.
VISITA DE SANTIAGO JAUREGUIZAR O mércores día 22 visitou o noso cole o escritor Santiago Jaurequizar. Charlou na biblioteca con nen@s de 5º e 6º, que leron algúns dos seus libros. Contou que unha das inspiracións para o seu personaxe de Tintimán foi Tintín, que sempre lle gustou moito. Tamén adiantou que está traballando en novas aventuras de Tintimán que se desenvoloverán en Ourense, Pontevedra e Ferrol. Ó final asinou os libros a todos os nenos e nenas. Noutra entrada deste blog, do 12 de febrero, tiñades máis datos sobre este escritor.
Este blog será unha porta aberta a todas as actuacións que se realicen por e na biblioteca. Tamén me gustaría que fose unha vía de participación de toda a comunidade educativa.