PROXECTO EDUCATIVO
" A NOSA TERRA"
Traballos realizados polo alumnado de 4º de primaria.
Biblioteca do C.E.I.P. Plurilingüe Quintela Redondela
RETO FEBREIRO
Imos cun reto musical. A nosa terra deu grandes artistas. Algúns son coñecidos no mundo enteiro. A ver se adiviñades o nome dun músico galego nado en 1971 en Vigo, que toca a gaita a maila frauta ás mil marabillas. Outra pista... o seu primeiro disco foi A irmandade das estrelas. Animádevos a participar!
RETOS BIBLIOXAQUIN
A respostas do mes de xaneiro eran :
Afiador e redeiras.
Gracias por participar e sorte no 1º reto deste mes de febreiro.
Galicia posúe paisaxes espectaculares que atraen cada ano a milleiros de visitantes. ¿Saberías que praia de fermosas covas e acantilados situada na Mariña lucense, concretamente do concello de Ribadeo, foi declarada Monumento Natural no ano 2005?