24 de febreiro. DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Este ano para conmemorar o Día de Rosalía o equipo de dinamización da Lingua galega propúxonos a seguinte actividade: escribir e ilustrar algúns dos seus poemas e colocalos no patio cuberto. Aquí tedes imaxes do resultado.
jueves, 27 de febrero de 2020
sábado, 22 de febrero de 2020
lunes, 17 de febrero de 2020
14 de febreiro: VALENTINE`S DAY
DÍA DO AMOR E A AMIZADE
Quixemos para este día por en valor a amizade, sabendo ver cualidades positivas nas persoas que nos rodean, os compañeiros e compañeiras de clase.
Cada neno e nena de primaria escribiu unha postal a cada compañeiro/a de clase sinalando as súas cualidades positivas e preparou un sobre ou unha caixa (moi ben decorado) . Así, o día 14 cada un entregou as postais a todos/as os seus compañeiros/as e recibiu as súas que gardaron na súa caixa.
Aquí tedes unhas fotos do proceso.
viernes, 14 de febrero de 2020
lunes, 10 de febrero de 2020
lunes, 3 de febrero de 2020
CINE E MÚSICA CON CASPERVEK TRIO
O 31 de xaneiro disfrutamos no salón de actos do cole dunha actividade que nos demostrou a importancia da música no cine. Caspervek Trío puxo música en vivo a distintos fragmentos de películas. Fixeron actividades nas que participou o alumnado: identificando bandas sonoras de películas, tocando eles mesmos a música para unha película ou mesmo converténdose en actores.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)