SAÍDAS 2º TRIMESTRE
Estas son as saídas que se fixeron no segundo trimestre relacionadas coa temática do noso proxecto "A saúde é a nosa meta".
Visita a un supermercado polo alumnado de infantil. Para coñecer as seccións do supermercado, os alimentos...
Visita a Hifas da Terra, empresa adicada a producción de setas para consumo humano e fungos medicinais. Coñeceron diferentes tipos de setas, como se cultivan, que coidados precisan, como se alimentan... Participaron nun obradoiro de cultivo de setas en sacos de plástico que trouxemos para o colexio para observar a súa evolución.
Os nenos e nenas de 2º de primaria asistiron a conferencia "Aventúrate con Martín de la Puente" do programa ABANCA Deporte Base. Fixeran na aula un traballo sobre este deportista vigués, campión de España e tricampión do mundo de tenis en cadeira de rodas.