jueves, 19 de diciembre de 2013
Boletín e guía do 1º trimestre
Aquí tedes o boletín coas actividades do 1º trimestre e a guía de recomendacións lectoras para o Nadal.
miércoles, 18 de diciembre de 2013
ALUMNADO DE 2º CICLO VISITOU O MUSEO MEIRANDE
O mércores día 27 de novembro nenos e nenas de 3º e 4º visitaron este museo, recentemente inaugurado, que está situado na ensenada de San Simón, na vella fábrica de salazón "Fábrica do Alemán".
A través das explicacións da guía, os restos arqueolóxicos, reproduccións, paneis informativos..os nenos e nenas aprenderon sobre a Batalla de Rande (1702). Tamén sobre a historia da fábrica de salazón e os recursos pesqueiros desta zona da nosa ría.

martes, 5 de noviembre de 2013
ARREDOR DE REDONDELA
Este é o título do noso proxecto de biblioteca para este curso.
Levaremos a cabo actividades para coñecer mellor o noso concello: visitas, roteiros por Redondela, traballos de investigación, estudo de planos, exposicións...
Tamén traballaremos as nosas festas, tradicións, persoeiros...

miércoles, 30 de octubre de 2013
miércoles, 26 de junio de 2013
martes, 25 de junio de 2013
lunes, 20 de mayo de 2013
FESTA DOS MAIOS
O pasado día 30 de abril todo o alumnado de primaria colaborou na construcción dun maio. Primeiro colocamos o fiuncho e logo os adorno feitos con pampullo, ovos e laranxas. Este ano puxémoslle coroa. Todos os grupos, ata os pequenos de infantil, prepararan coplas que cantaron arredor do maio.
Nestes videos podedes ver o noso maio e escoitar uns fragmentos das coplas.

martes, 14 de mayo de 2013
viernes, 3 de mayo de 2013
Este ano a RAG adica o día das Letras Galegas a Roberto Vidal Bolaño, autor, actor, director e produtor teatral.
Para axudarnos a coñecer a esta figura do teatro galego deixámovos o enlace da web da Real Academia Galega.
(http://www.realacademiagalega.org/letras-actual)
E tamén diferentes propostas de actividades da Coordinadora Galega de ENDL
http://www.coordinadoraendl.org/letras2013/materiais.php
martes, 30 de abril de 2013
O DÍA 8 DE MAIO VISITARANOS...
Jacobo Fernández Serrano, ilustrador, pintor, debuxante, escritor.
Como autor de literatura infantil publicou: A gardería de dona Bixelmina, A pedra e as formigas, Mil cousas poden pasar (libros I e I), e en banda deseñada é o creador de Marcopola.
É ilustrador dos libros doutros escritores como: a serie Aventuras de Nunavut de Xoán Abeleira ou A filla do ladrón de bicicletas de Teresa González Costa.
Podedes atopar a maioría destes títulos na nosa biblioteca.
Blog do autor:

lunes, 15 de abril de 2013
CONTOS DO MEDIO
O alumnado do 1º ciclo puido disfrutar desta actividade promovida polo Servizo de Normalización Lingüística do concello, en colaboración coa Concellaría de Ensino.
Da man de FAIA Educación Ambiental acercámonos ao noso medio natural: as árbores, a fauna e a flora; a través da nosa lingua. Tamén seguimos con moito interés a historia de Xaime e as landras, da editorial Kalandraka.
Etiquetas:
Animación á lectura,
Charlas informativas
martes, 2 de abril de 2013

Lemos xuntos, ti e eu.
Vemos que as letras forman palabras
e as palabras convértense en libros
que estreitamos nas nosas mans.
Oímos murmurios
e ríos buliciosos nas súas páxinas,
osos que cantan
graciosas melodías á lúa.
Entramos en misteriosos castelos
e das nosas mans soben ata as nubes
árbores florecidas. Vemos nenas valentes que voan
e nenos que atrapan as estrelas.
Lemos xuntos. Ti e eu, dando voltas e voltas,
percorrendo o mundo coa alegría nos libros.
Poema de Pat Mora
Traducción: Concha Blanco
lunes, 25 de marzo de 2013
Deíxovos o boletín coas actividades realizadas no segundo trimestre e tamén a guía de libros sobre a auga que temos no centro.
Powered by
Issuu
Publish for Free
Powered by
Issuu
Publish for Free
jueves, 14 de marzo de 2013
jueves, 7 de marzo de 2013
lunes, 25 de febrero de 2013
jueves, 21 de febrero de 2013
24 de febreiro DÍA DE ROSALIA
Este ano cúmprese o 150 aniversario da publicación da súa obra Cantares Gallegos, que foi o primeiro libro escrito integramente na nosa lingua.
Para aprender máis sobre a súa vida e obra propoñemos esta presentación de SOÑOS DE ANDEL
E para xogar e seguir aprendendo, aquí tendes este LIM elaborado polo equipo de biblioteca do CEIP Alexandre Bóveda.

XOGANDO CON ROSALÍA

viernes, 8 de febrero de 2013
domingo, 3 de febrero de 2013
PREPARÁNDONOS PARA O ENTROIDO
A semana que entra celebramos o entroido no cole.
Como en anos anteriores deíxovos as ordes para disfrazar ao noso MECO.
Recordade que cada día traeremos a prenda nova xunto coa anterior.
Como en anos anteriores deíxovos as ordes para disfrazar ao noso MECO.
Recordade que cada día traeremos a prenda nova xunto coa anterior.
sábado, 2 de febrero de 2013
30 de XANEIRO- DIA DA PAZ E A NON VIOLENCIA
martes, 15 de enero de 2013
- PREPARÁMONOS PARA "A PAZ"
WANGARI E AS ÁRBORES DA PAZ: UNHA HISTORIA VERDADEIRA . Janette Winter
EL LIBRO DE LA PAZ . Todd Parr O PAÍS DOS MANDÓNS . Paloma Rguez e Cristina Justo
PEQUENO AZUL E PEQUENO AMARELO . Leo LionniNEGROS E BRANCOS . David McKee

C.E.I.P. Victor Saenz (Mazaricos)
miércoles, 2 de enero de 2013
Como aforrar auga ?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)