domingo, 26 de diciembre de 2010
lunes, 22 de noviembre de 2010
20 de novembro: Día Internacional da Infancia
Con motivo desta data sacamos da biblioteca os libros que nos poden permitir acercar aos nos@s alumn@s os seus dereitos.
E disfrutade con este fermoso conto de Isabelle Carrier, recomendado pola Federación Española de Organizaciones en favor de las personas con discapacidad Intelectual, moi recomendado para esta data.
domingo, 31 de octubre de 2010
As nosas versións
Despois de escoitar e ler unha chea de veces os contos clásicos, agora tócalle a eles, aos alumn@s de 6º, crear unha versión actualizada de seis contos moi coñecidos.
jueves, 21 de octubre de 2010
CONTO: El gran bosque de las hojas verde esmeralda
Buscando na rede, atopei este conto moi apropiado para o noso proxecto e para a época do ano na que estamos. Espero que vos guste.
miércoles, 6 de octubre de 2010
24 de outubro: Día Internacional das Bibliotecas
jueves, 30 de septiembre de 2010
Como se acerca o momento de comezar o percorrido das mochilas viaxeiras, pareceunos moi interesante este decálogo que nos chegou a través dos compañeiros do Plambe.
Decálogo Lectura
View more presentations or Upload your own.
lunes, 27 de septiembre de 2010
XA CHEGOU O OUTONO
Para que poidades traballar esta estación do ano e as festas que celebramos nela, deixo os seguintes enlaces que vos permitirán acceder a distintas páxinas con información e actividades, algunhas por cortesía dos compañeiros doutras bibliotecas.


"OS BOSQUES, ESES GRANDES DESCOÑECIDOS"
O 20 de decembro de 2006, a Asamblea Xeral das Nacions Unidas aprobou a resolución pola que se declaraba 2011 Ano Internacional dos Bosques.
Comezamos cuns momentos musicais do compositor Johann Strauss.
Comezamos cuns momentos musicais do compositor Johann Strauss.
lunes, 19 de julio de 2010
martes, 4 de mayo de 2010
LETRAS GALEGAS 2010
Uxío Novoneyra
A continuación tedes varios enlaces que vos permitirán traballar a fondo a vida e obra do persoeiro homenaxeado este ano na celebración do Día das Letras Galegas.
Debuxo de Guillerme Rguez.


Actividades LIM baseadas no conto Ilda, o corzo, o lobo e o xabarín para Infantil e 1º Ciclo e para o 2º e 3º ciclo de Primaria. Realizadas no C.E.I.P. Frián-Teis.

Os máis pequenos poden traballar coa LIM do conto A princesa do Caurel realizada por Belén Velasco.
X Concurso de Conto Breve
1º clasificados: Lucía Andrés Otero de 2º, Claudia Kaulback Amoedo de 3º e Inés Pérez de 5º.
2º clasificados: Rubén Machado Fdez. de 1º, Alex García de 4º e Tamara Monteagudo Rivas de 6º.
Os gañadores recibiron como agasallo unha mochila, unha libreta e un bolígrafo e cada aula de Educación Infantil, un libro.
Maratón Literario Letras Galegas 2010
En Educación Infantil formáronse catro grupos: azul, amarelo, vermello e verde; cada grupo tiña que completar tres quebracabezas diferentes sobre Uxío Novoneyra.
En Educación Primaria formáronse nove grupos compostos, cada un deles, por alumnos/as de cada curso. Cada grupo tiña que realizar dúas probas:
- Responder a 20 preguntas sacadas dos carteis de Tamén len.
- Unir e ordenar estrofas para formar tres poemas de Rosalía, Uxío Novoneyra, Cunqueiro, Manuel María...
2º clasificados: Rubén Machado Fdez. de 1º, Alex García de 4º e Tamara Monteagudo Rivas de 6º.
Os gañadores recibiron como agasallo unha mochila, unha libreta e un bolígrafo e cada aula de Educación Infantil, un libro.
Maratón Literario Letras Galegas 2010
En Educación Infantil formáronse catro grupos: azul, amarelo, vermello e verde; cada grupo tiña que completar tres quebracabezas diferentes sobre Uxío Novoneyra.
En Educación Primaria formáronse nove grupos compostos, cada un deles, por alumnos/as de cada curso. Cada grupo tiña que realizar dúas probas:
- Responder a 20 preguntas sacadas dos carteis de Tamén len.
- Unir e ordenar estrofas para formar tres poemas de Rosalía, Uxío Novoneyra, Cunqueiro, Manuel María...
jueves, 22 de abril de 2010
DÍA DO LIBRO 2010

Para celebrar o Día do Libro, programamos varias actividades que se ían desenvolver durante esta semana.
Adornamos as escaleiras do Centro cos carteis de TAMÉN LEN onde diferentes persoeiros galegos do mundo da cultura, o deporte, os espectáculos... nos invitan a ler.
Ao longo da semana e por cursos, o alumnado asistiu na biblioteca a unha sesión de contacontos levadas a cabo polo profesorado. Pedra, pau e palla, A paxariña, Hombre de color, Carapuchiña vermella, son os títulos dos contos narrados.
Os nosos alumnos/as tamén recibiron un agasallo de Xaquín cando visitaron a biblioteca.
E como colofón, o venres 23,o profesorado caracterizouse dun personaxe de conto.
domingo, 21 de marzo de 2010
Fina Casalderrey visita a nosa biblioteca
Sinxela, cordial, próxima... Fina Casalderrey estivo na biblioteca e emocionou a todos/as coas súas vivencias e as historias das súas obras.
Ao rematar a sesión de animación agasallou o alumnado coas súas dedicatorias ao asinarlles os libros.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)