Biblioteca do C.E.I.P. Plurilingüe Quintela Redondela
ÚLTIMOS GAÑADOR@S DESTE CURSO. PARABÉNS!!
RETO SEMANAL 22 ó 26 de maio
Marelos por fóra
e brancos por dentro,
longos coma palmos...
que gran alimento!
Hainos en Canarias,
aquí non se dan,
gústanme a soas
e tamén con pan.
RETO SEMANAL 15 ó 19 de maio
Froita deliciosa,
redondiña e chea,
de carne zumenta...
Como me refresca!
Que ben che me senta
despois do xantar,
pola media tarde
ou para almorzar.
GAÑADOR@S DO RETO SEMANAL. PARABÉNS!!
Tamén gañou: Adrián, de 3 anos
RETO SEMANAL 8 ó 12 de maio
De pel mareliña,
tirando a laranxa,
con pintas vermella
e carabuña estriada.
Se son do país
e están no seu punto,
nada os iguala
acó neste mundo
Unha pista....esta froita ten o M no seu nome
RETO SEMANAL 2 ó 5 de maio
Gústanme as de maio,
tamén as de xuño
se houbese en marzo...
Sería un luxo!
Así redondiñas,
encher ben a boca
comelas fresquiñas...
Non hai mellor cousa!
Que froita é?