LECTORAS DA NOSA BIBLIOTECA RECOMENDAN...
Neste primeiro trimestre do curso 2015-16 son seis nenas de 5º e 6º as que nos recomendan libros da biblioteca do noso cole.

Helena (6º) recoméndanos os libros da colección Bandera Pirata, de Alain Surget.
Gustoume o libro Madera de piratas porque é apaisoante e divertido. Conta as aventuras de dous irmáns mellizos e orfos, que escapan a altamar na procura do seu pai.
Uxía (5º) quere recomendarvos El gran libro del misterio, de Antonio Tello.
Gústanme os libros de misterio.
Andrea García (6º) recoméndanos os libros de Geronimo Stilton.
Sobre todo porque son moi divertidos.
Andrea Míguez (5º)
Aconséllavos ler Aventura en la montaña, de Enid Blyton.
Empeza cuns días traquilos nas montañas de Gales pero logo suceden unhas aventuras fantásticas.
María (6º) recoméndanos Otoline va al colegio, de Chris Riddell.
É un libro moi divertido.
Andrea Lago (5º)
Ven a recomendarnos un libro da colección Los investigadores del arte, Intriga en Venecia de Bjorn Sortland.
Gustoume porque non se sabe quen é o malo e me gustan moito os libros de misterio.
MOCHILAS VIAXEIRAS
As mochilas viaxeiras de todos os grupos empezaron a súa andanza polas casas dos nenos e nenas do cole o venres día 9. Hai libros de ficción, libros informativos, libros en inglés, películas... es peramos que todos atopedes nelas materias que bos gusten.
PROXECTO DA BIBLIOTECA PARA O CURSO 15/16
Comezou un novo curso, moi pronto abrirá as súas portas a nosa biblioteca. Esperamos seguir aumentando o número de empréstito e de lectores.
Aquí tedes o cartel do proxecto de biblioteca para este ano.
ALUMN@S MÁIS LECTORES DO CURSO 2014-15
Xa remata o curso e aquí temos, co seu agasallo, aos nen@s que levaron máis libros emprestados da nosa biblioteca: Nuria de 1º, Leire de 2º, Nicolás P. de 3º, Andrea L. de 4º, Alba O. de 5º e Nerea Á. de 6º.
Noraboa!. E para tod@s ... ¡ánimo!
E recordade que o verán tamén e tempo para divertirse, imaxinar, vivir aventuras... lendo un libro.
GUÍA COAS LECTURAS RECOMENDADAS PARA O VERÁN 2015
E BOLEÍN DE ACTIVIDADES DO 3º TRIMESTRE
OS LECTORES DA NOSA BIBLIOTECA RECOMENDAN...
E para rematar o curso aquí temos os libros da nosa biblioteca que nos recomendan en 1º e 2º.

PAULA de 1º
Dora, la ballena despistada. Laura Dotta. Ed. San Pablo.
Gustoume porque a balea ten moitos amigos. Os debuxos son bonitos.
MARÍA de 2º
Gatos. Guía Edimat.
Con este libro aprendes moito sobre gatos e ademais hai fotos de gatos moi bonitos e outros moi raros.
Na biblioteca atoparedes máis libros desta colección.
NURIA de 1º
Pupi y los fantasmas. María Menéndez. SM
Gustoume porque Pupi ten medo aos fantasmas e é gracioso. Ten moitos amigos.
Pupi é un pequeno extraterrestre que vive moitas aventuras cos seus amigos do planeta Terra. Na biblioteca hai outros dous libros desta colección.
NOELIA de 1º
Leila Blue, El prodigio de la oscuridad. Miriam Dubini. Ed. Anaya.
A min gústanme os libros de Leila Blue porque a protagonista é unha bruxa que fai maxia.
CARLOTA de 2º
Tea Stilton, La esmeralda del príncipe indio.
Ed. Planeta.
É un libro divertido e con ilustracións moi bonitas. Nesta aventura as cinco amigas viaxan xuntas á India.
LEIRE de 2º
El tigre. Colección ¿Quién eres? Ed. Combel
Con estes libros aprendes moito sobre animais. Gústanme tamén as preguntas para comprobar o que vas aprendendo.
Na nosa biblioteca tedes outros libros desta colección: la pequeña jirafa, la mariquita...
EXPERIMENTOS COA MATERIA
En 3º estudamos a materia e fixemos algúns experimentos na aula que queremos compartir con todos vos.
VISITA DE RAMÓN CARIDE
O venres 29 de maio estivo na nosa biblioteca o escritor Ramón Caride.
Charlou con nenos e nenas de 1º, 2º, 3º e 4º sobre os personaxes dos seus libros e da influencia que tivo na creación de moitos deles, e mesmo nas aventuras que lles suceden, a súa filla Sara.
V FEIRA DO TROCO DO LIBRO
O día 25 de maio foi a data na que cambiamos os vales polos libros expostos nas mesas da nosa particular feira do libro usado.
23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO
Hoxe celebramos no cole o Día do libro cunha actividade moi especial: Os apadriñamentos lectores.
Días atrás @s profes fixeron as parellas de alumn@s. Cada alumn@ de 2º a 6º, padriños e madriñas, elexiu un conto para ler ao seu afillad@, nen@ de de infantil ou 1º.
Hoxe, reunímonos no piso superior e os padriños e madriñas leron o conto elexido ao seu afillad@, moitos no patio, outras nas aulas, nas escaleiras...
Logo cada parella diseñou una nova portada para o seu libro.
VISITA DE SANTIAGO JAUREGUIZAR
O mércores día 22 visitou o noso cole o escritor Santiago Jaurequizar. Charlou na biblioteca con nen@s de 5º e 6º, que leron algúns dos seus libros. Contou que unha das inspiracións para o seu personaxe de Tintimán foi Tintín, que sempre lle gustou moito. Tamén adiantou que está traballando en novas aventuras de Tintimán que se desenvoloverán en Ourense, Pontevedra e Ferrol.
Ó final asinou os libros a todos os nenos e nenas. Noutra entrada deste blog, do 12 de febrero, tiñades máis datos sobre este escritor.
BOLETÍN DE ACTIVIDADES E GUÍA DE LECTURA DO 2º TRIMESTRE
ANIMACIÓN Á LECTURA PARA EDUCACIÓN INFANTIL
Este mércores, día 18, visitou novamente o noso colexio Anxo Moure. Nesta ocasión foron os nenos e nenas de infantil os que disfrutaron dunha divertida sesión sobre o seu conto A xacia Luviñas.

20 de marzo: ECLIPSE SOLAR
O próximo venres haberá un eclipse parcial de Sol. Desde Redondela o momento de máxima ocultación será sobre as 10:07h.
Aquí tedes uns enlaces con información:
Instituto Geográfico Nacional (que é, información básica, como se verá desde cada provincia, métodos de observación seguros...)
Organización Salmantina de la Astronáutica y el Espacio
A Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela, en colaboración coa Asociación Astronómica Sirio de Pontevedra e coa Concellería de Cultura de Redondela, organizan unha CHARLA previa á eclipse, programada para o día 18 de marzo, ás 20:30h, na Casa da Cultura (Praza Figueroa).
TRABALLOS DO PROXECTO:
POLO MUNDO ADIANTE
Imaxes de traballos relacionados co proxecto deste curso nos diferentes grupos de infantil e primaria.
6º de Primaria
ÁFRICA
5º de Primaria
ÁFRICA
1º de Primaria
EUROPA
2º de Primaria
EUROPA
3º de Primaria
AMÉRICA DO NORTE
4º de Primaria
AMÉRICA DO SUR
Educación Infantil OCEANÍA